lunes, 15 de diciembre de 2014

Acordo social sobre o Programa Extraordinario de activación para o emprego

Hoxe pola mañá o presidente Mariano Rajoy presidiu o acto da firma do Acordo do Programa Extraordinario de activación para o emprego por parte da ministra de Emprego e Seguridade Social Fátima Bañez, do presidente de Cepyme, Antonio Garamendi; do secretario xeral de UGT, Cándido Méndez; do presidente da CEOE, Juan Rosell; e do secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo. 

O presidente dixo que o seu desenvolvemento necesita "a indispensable colaboración das comunidades autónomas", e que conta, nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015, cun incremento do 16% nas políticas activas de emprego e cunha ampliación do 25% dos recursos transferidos ás autonomías. 



O obxectivo do programa, explicou o presidente, é dobre: por unha banda, "axudar a todas esas persoas que se enfrontan a unha situación moi delicada"; por outro, "contribuír a que estas políticas públicas teñan éxito e sexan eficientes". 



Rajoy explicou que era necesario realizar "esforzos adicionais" e que estes debían comezar "pensando en quen maiores dificultades estaban atopando á hora de reincorporarse ao mercado de traballo", aquelas persoas que "están en paro desde fai xa moito tempo e que teñen cargas familiares". 

Dixo que aproximadamente 450.000 persoas recibirán axudas especiais para conseguir a súa "integración efectiva" no mercado laboral porque estas non son unhas axudas que "só sirvan para paliar unhas situacións persoais en moitos casos de extrema dureza". 

O Programa Extraordinario de Activación se articula do seguinte xeito: 

- Os beneficiarios do programa serán os desempleados de longa duración que haxan ter emprego no pasado, busquen activamente emprego no presente e esgoten as posibilidades de protección por desemprego. 

- Elaborarase un diagnóstico das necesidades específicas do beneficiario a partir do seu perfil e definirase un Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) por parte do Servizo Público de Emprego competente que dará acceso a un conxunto de medidas de activación. 

- A participación nas medidas de activación leva aparejada unha axuda de acompañamiento durante seis meses cuxo importe corresponderá ao 80% do IPREM. 

- O financiamento das medidas de activación e da axuda de acompañamiento, realizarase con cargo aos exercicios 2015 e 2016.

É importante destacar que se chega á firma deste Acordo propiciado polo Goberno,  desde o diálogo permanente cos Axentes Sociais e que leva o beneplácito de todas as CCAA. Ademais a súa duración ata o 15 de abril de 2016 é unha garantía da aposta social do Goberno de Rajoy de axudar aos que máis sufriron esta crise.
 
Parabens ao Presidente do Goberno, á Ministra de Emprego e aos Axentes Sociais polo logro do Acordo alcanzado e a nosa satisfacción porque 450.000 persoas véxanse favorecidas por esta medida.

Achego enlace de acceso o texto do citado Acordo: