Rematado onte o Pleno, asisto na Casa de
Galicia en Madrid ao acto de clausura das actividades 2014 , que foi presido polo vicepresidente
da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao Presidente do Consejo de Estado, José Manuel
Romay Beccaría.
Interveu
en primeiro lugar o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia,
José Ramón Ónega que repasou a larga
actividade e constante traballo que esta
Casa levou a cabo, con máis de 200 actos e celebracións e cunha programación orientada a potenciar os
aspectos culturais, económicos, sociais, institucionais e de relación humana
referidos a Galicia.
Destacou tamén a intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e o Aula de
Galego, é que a Casa é punto de
encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das
asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, coma AEGAMA (Asociación
de Empresarios Galegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Galegos en
Madrid); IURISGAMA (Asociación de Xuristas Gallegos en Madrid); Club de
Periodistas Galegos, Orden da Vieira, FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en
Madrid”.
Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas
personalidades cos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa
traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e a súa casa en Madrid.
Os premiados foron:
- Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía; Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Letrado Maior do Consello de Estado; Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock; María Emilia Casas Bahamonde. Ex Presidenta do Tribunal Constitucional de
España; Javier María Casas Estévez. Ex Presidente do Tribunal Superior de
Xustiza de Madrid; Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de
Madrid; Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España; Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de
Procuradores dos Tribunais; Manuel José Guiote Linares. General de Brigada de Sanidade do Exército; María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid; Manuel Medina González. Avogado e Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura
Económica. Premio Nacional de Economía.
Parabens
á Casa de Galicia en Madrid, sen dúbida un referente na actividade cultural
capitalina.
Recibirá resposta