sábado, 27 de diciembre de 2014

Rajoy: " 2015 será o ano do despegue definitivo da nosa economía "

Onte tras a última reunión do Consello de Ministros do ano, Mariano Rajoy fixo balance do ano 2014 destacando que se crearon 550.000 postos de traballo e, a falta de coñecer os datos de decembro, incrementouse en 338.000 persoas o número de afiliados á Seguridade Social: "Despois de sete anos de crise e caídas ininterrompidas, este ano, por primeira vez dende 2007, creouse emprego neto en España. Ese é o cambio máis importante e o que marca un antes e un despois. Pasamos de destruír emprego a crealo, de aumentar o paro a reducilo."

O xefe do Executivo tamén subliñou que dende xaneiro ata novembro se crearon en España 71.500 novas empresas. "A creación neta de empresas aumenta a un ritmo de case o 5% respecto ao ano pasado e do 10% respecto a 2011". A economía española gañou un 2,3% en competitividade grazas ás reformas. As exportacións supoñen un 34% do PIB e están moi por diante de países como Estados Unidos, Xapón, Francia, Italia e Reino Unido, engadiu.

Rajoy resaltou que o control da inflación foi no conxunto do ano do 0%. Iso supuxo gañar competitividade nas exportacións e manter a capacidade adquisitiva de salarios e de prestacións sociais, o cal ten un gran compoñente social. Ao respecto, manifestou que en 2014 "as pensións lonxe de reducirse ou conxelarse terán gañado algo de poder adquisitivo, e o resto das rendas, cuns prezos de consumo en retroceso nos últimos meses, tamén o están gañando.

Crecemento con bases sólidas.

Afirmou que, dende a prudencia, pode asegurar que "España crece con bases sólidas, claramente por enriba da medida europea" e que se as condicións favorables do ámbito internacional se manteñen "2015 será un ano moi bo para a nosa economía". "Se 2012 foi o ano do axuste, e 2013 o das reformas, 2014 foi o da recuperación e "2015 será o ano do despegue definitivo da nosa economía", recalcou.

En apenas tres anos, argumentou, os españois conseguiron dar a volta á situación e á imaxe do país: "Onde antes se percibía desconfianza hoxe encontramos seguridade. Onde antes se destruía emprego de xeito sistemático hoxe vemos un proceso continuado e crecente de creación de postos de traballo e de recuperación das cotizacións á Seguridade Social. Se o ano pasado a economía se contraeu un 1,2%, este ano terá crecido un 1,3% ou un 1,4%, segundo os datos do Banco de España. É dicir, un xiro de máis de dous puntos e medio".

"Todos os indicadores da nosa economía demostran que pasamos o peor e agora chega o momento de recoller os froitos de tanto esforzo. Agora é cando non se pode nin baixar a garda, nin dar marcha atrás. Non se pode poñer en perigo a recuperación que comezou e que ninguén pode negar", remarcou.

Política social:

En opinión do presidente, España conseguiu superar a peor etapa da crise sen menoscabar o substancial do noso sistema de protección social. Máis da metade do gasto considerado nos Presupostos Xerais do Estado, case o 54%, é gasto social.

"Mentres outros países se viron obrigados a recortar as súas pensións entre un 10 e un 15% de media, en España páganse máis pensións que antes de comezar a crise e non houbo que facer eses recortes. En 2014 estanse a pagar 400.000 pensións máis que en 2011, e no próximo ano dedicaremos ao pagamento das pensións máis de 360 millóns de euros ao día ata alcanzar unha cifra récord que se achegará aos 132.000 millóns de euros",avanzóu.

En canto a prestacións por desemprego, Mariano Rajoy indicou que as cifras definitivas correspondentes ao pasado exercicio superaron os 30.000 millóns de euros, é dicir, 82,5 millóns de euros cada día. Ademais, destacou que as políticas de fomento do emprego crecerán o ano que vén un 16,5%, como consecuencia do Acordo Social para a Activación do Emprego alcanzado entre o Goberno e os interlocutores sociais.

Así mesmo, o presidente puxo de manifesto o compoñente social da reforma fiscal que entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro, que supoñerá unha baixada xeral dos impostos do 12,5%, e ten como principais beneficiarios as persoas con rendas máis baixas: "Esta reforma fiscal non só vai poñer nos petos dos contribuíntes 9.000 millóns de euros, creo que vai ser a lombeirada definitiva ao crecemento económico e á competitividade empresarial no noso país".

Europa/ ONU.

Mariano Rajoy considerou de grande importancia que España conseguise a Comisaría de Enerxía e Cambio Climático e que demandas españolas, como as interconexións enerxéticas, fosen asumidas como prioridades nas políticas comunitarias. Ademais destacou que se puxo en marcha a unión bancaria e se sentaron as bases do plan de reactivación económica presentado polo presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker.

No que respecta á imaxe exterior de España, puxo en valor que entrase a formar parte do Consello de Nacións Unidas como membro non permanente durante os dous próximos anos.


Corrupción.

O presidente dixoo que a preocupación dos españois polos asuntos relacionados coa corrupción é "lóxica, xustificada e compartida polo Goberno", que ofreceu " unha resposta integral e ambiciosa".

Neste sentido, recordou que o Executivo presentou ante o Parlamento un "amplo paquete de medidas administrativas e lexislativas", e que hai 15 días se puxo en marcha o Portal da Transparencia "que senta unha nova forma de relación entre os cidadáns e a administración".

Cataluña.


O labor reformista deste ano e da Lexislatura foi posible, segundo o presidente, grazas á estabilidade política e institucional: "Defendo e seguirei defendendo que a estabilidade é unha virtude que fai avanzar as sociedades, dá seguridade ás persoas, ás empresas e delimita o marco das discrepancias entre as distintas formacións políticas".

Polo que se refire a Cataluña, Mariano Rajoy dixo que lamenta "o comportamento irresponsable dalgúns dos seus dirixentes políticos" que abandonaron a prioridade de solucionar os problemas e atender ao benestar das persoas.

"O Goberno de España vai seguir velando polos intereses dos cidadáns de Cataluña, apoiando as súas empresas, traballando para que alí tamén chegue a recuperación o antes posible e propiciando a concordia e o entendemento entre catalanes",aseguró.

O presidente reiterou que está disposto a falar de todo pero que non lle pidan que fale da unidade de España ou que coopere a liquidar a soberanía nacional ou facer algo que afecte á igualdade dos españois, a dereitos fundamentais ou ás súas liberdades".

Así mesmo, Rajoy subliñou que o relevo na xefatura do Estado se produciu de "xeito modélico". Recoñeceu a Don Juan Carlos a súa entrega para cos españois e a Don Felipe o "excelente desempeño das súas funcións".

Por outra parte, felicitou os traballadores da Sanidade", "que souberon facer fronte a unha crise tan grave como a do ébola". "Todos nos felicitamos de que Teresa Romero este viva e que ninguén máis resultase contaxiado nese brote. Iso tamén demostra o nivel do noso sistema sanitario e a entrega dos seus profesionais, algo" do que "todos nos sentimos orgullosos".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta