lunes, 8 de diciembre de 2014

Rajoy: " España pode crecer máis do 2% o ano 2015"


De gan interese parécenme as declaracións de onte do presidente Mariano Rajoy durante a súa intervención no X Encontro Empresarial que se celebrou en Veracruz (México), previo ao XXIV Cumio Iberoamericano de xefes de Estado e de Goberno.

Recordou que hai dous anos, no Cumio do GR-20 celebrado en Los Cabos, lle preguntaban cando ía ser rescatada España e que hoxe en día, ninguén fala do rescate. "Os desequilibrios económicos empézanse a superar, estase a baixar o déficit público, pero foi duro, difícil e tivemos que pedirlles esforzos importantes ao conxunto dos españois".


Mariano Rajoy recalcou que xa non estamos en recesión. "No último trimestre crecemos máis que ninguén na zona euro, España foi o país dos grandes que máis creceu. España este ano vai ser o país que máis creza da zona euro e o que máis emprego cree e o ano que vén vai ser o que máis creza e o que máis emprego cree".


O prognóstico do Goberno é que o ano que vén haberá un crecemento do 2%. "Creo que se algúns acontecementos que se están a producir, que afectan ao tipo de cambio, e os prezos das materias primas se manteñen, España pode crecer máis do 2% o ano 2015", subliñou Mariano Rajoy, quen engadiu "España volve ser un magnífico país de oportunidades para investir".


Rajoy, dixo que Europa ten que traballar nunha maior integración económica. Aínda non está completa nin a unión enerxética nin o mercado único dixital nin tampouco o mercado único de servizos. Fixemos este ano a unión bancaria e o 90% dos bancos españois e europeos serán supervisados non polos bancos centrais nacionais senón polo Banco Central Europeo", sinalou.

O presidente mostrouse partidario de aumentar o investimento público, "algo necesario nestes momentos en que o crecemento da zona euro foi do 0'2% no terceiro trimestre". En calquera caso, "independentemente da conxuntura, é moi importante" que o estrutural estea sempre ben porque se está ben, as grandes crises se superan mellor"


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta