Da sesión
de control celebrada esta mañá no Pleno do Congreso, destaco a pregunta que Pedro Sánchez, líder
do Grupo Parlamentario Socialista formulou ao presidente do Goberno sobre o
presunto recorte por medio de leis dos dereitos e liberdades de moitos
españois.
Respondeu Mariano Rajoy,
negando tal afirmación e engadindo: “O maior recorte de dereitos que se levou a
cabo recentemente no noso país produciuno un Goberno que deixou a España ao bordo
do colapso económico, ao bordo do rescate, que fixo unha xestión económica que
xerou un aumento do desemprego de 3.400.000 persoas que deixou a España en
recesión, un déficit público de máis do 9%, e miles de facturas sen pagar; iso
si que é un atentado aos dereitos dos cidadáns. O que estamos a facer agora
algúns é intentar corrixir aquelas equivocacións, aqueles erros. Hoxe por
fortuna en España xa hai crecemento económico e xa se está a crear
emprego".
E engadiu:
“Falou vostede tamén de leis. Eu non lle vou recordar a lei da patada na porta
nin voulle recordar a lei que fixeron vostedes contra a violencia; non imos
recordalas, pero xa que vostede ten citando algunha frase eu lle vou a citar
outras bastante máis actuais que esa á que vostede se referiu hoxe nesta
Cámara: Se as manifestacións son pacíficas, loxicamente a Policía é tolerante
porque é unha Policía intelixente, pero se hai violencia a Policía ten que
actuar e duascentas persoas non poden poñer patas arriba a cidade. Non imos
consentir que haxa violencia en ningunha manifestación de España, que os
dereitos dos cidadáns se vexan menoscabados. Hai algunha outra frase que creo
que lle pode interesar: Se somos laxos, primeiro potenciamos as mafias e,
segundo, esa avalancha non hai quen a pare. Outra frase: Ningún país pode
permitir que entren polas súas fronteiras cantos inmigrantes queiran facelo;
España tampouco. Esas son frases do señor Pérez Rubalcaba, que probablemente tiña
bastante máis tino que vostede cando pronunciaba frases nesta Cámara"
E concluíu afirmando: "En calquera caso, si é bo que lle recorde, señor Sánchez, que non se
pode dicir unha cousa cando se está no Goberno -mellor dito, facela- e logo
dicir outra radicalmente contraria cando se está na oposición; é o que lle pasa
coas concertinas, é o que lle pasa co déficit público e é o que lle pasa coa
reforma da Constitución. Ao final, todo iso acaba xerando a sensación -se non a
seguridade- de que ten vostede certa confusión á hora de ter un criterio sobre
calquera cousa".
Recibirá resposta
Recibirá resposta