Coñeciamos onte que o
Instituto de Crédito Oficial (ICO)
concedeu préstamos por importe de 21.469 millóns de euros en 2014, que
permitiron financiar case 300.000 proxectos de investimento e/ou necesidades de
liquidez de autónomos e pemes. O volume de préstamos dispostos a través das
Liñas ICO
supón un incremento do 54,63% respecto ao do pasado ano e practicamente dobra a
cantidade distribuída en 2012.
Estas cifras representan
un récord histórico tanto no volume de préstamos concedidos, coma no número de
operacións formalizadas, nos máis de 20 anos de historia das Liñas ICO. Así mesmo,
poñen de manifesto a normalización no acceso ao crédito, a melloría da
actividade investidora das empresas e a consolidación da recuperación
económica.
No financiamento concedido
en 2014 hai tres aspectos destacables: a gran capilaridade nas operacións
financiadas, o incremento do volume de préstamos disposto en todas as Liñas de
Financiamento e o notable aumento dos créditos destinados a financiar a saída
ao exterior das empresas españolas.
As microempresas e os
autónomos foron os principais receptores dos préstamos ICO, co 62% dos préstamos dispostos. Así
mesmo, hai que destacar que a maior parte das operacións, o 51%, son préstamos
inferiores a 25.000 euros. Máis dun 25% dos préstamos foron concedidos a
autónomos.
Os datos das Liñas ICO 2014 poñen tamén
de manifesto a crecente actividade internacional das pemes españolas. As Liñas
destinadas á Exportación e Internacionalización son as que maior crecemento
tiveron, e representan xa o 24% da demanda total de préstamos ICO.
O notable aumento da
actividade crediticia traduciuse nunha maior presenza da entidade no sistema
crediticio español. O financiamento concedido polo ICO sitúase no 11,8% do total do crédito
distribuído polo conxunto do sistema financeiro a empresas con vencemento
superior a un ano, o que sitúa o ICO
como unha entidade de referencia no financiamento das pemes.
As empresas de Cataluña
son as que maior volume de financiamento recibiron, co 19,76% do total.
Séguenlle Madrid, co 14,98%; Andalucía, co 11,73% e Valencia co 11,62%.
A Liña ICO Exportadores
Curto Prazo foi con gran diferenza, a que experimentou un maior crecemento. En
2014 distribuíronse case 4.800 millóns en créditos, o que supón un incremento
de máis do 242% respecto a 2013.
A través desta liña
financiáronse preto de 65.000 facturas, por un importe medio de 73.800 euros.
Concedéronse préstamos para operacións de exportación con destino a 186 países
diferentes. A Unión Europea engloba o 67% das facturas financiadas, destacando
por países Francia, co 18%; Alemaña, cun 12% e Italia, co 10%.
A Liña ICO-Internacional,
destinada a financiar a implantación de empresas españolas no exterior,
distribuíu case 400 millóns de euros en préstamos, o que supón un incremento do
44% respecto ao pasado ano. Financiáronse máis de 800 proxectos en 82 países
diferentes.
Entre as principais liñas de mediación do ICO cabe destacar a Liña Empresas e Emprendedores, cuxa finalidade é financiar tanto investimento coma liquidez. A través desta liña concedéronse préstamos por valor de máis de 16.000 millóns de euros, un 33% máis que o mesmo período de 2013.
Entre as principais liñas de mediación do ICO cabe destacar a Liña Empresas e Emprendedores, cuxa finalidade é financiar tanto investimento coma liquidez. A través desta liña concedéronse préstamos por valor de máis de 16.000 millóns de euros, un 33% máis que o mesmo período de 2013.
Tamén hai que destacar o
crecemento experimentado pola Liña ICO
SGR/SAECA, que
alcanzou un importe de 88 millóns de euros, o que supón un incremento de 22%
respecto ao pasado ano.
Sen dúbida una excelente noticia que merece moitos parabens para Irene Garrido Valenzuela, a presidenta do gran equipo profesional do ICO.
Recibirá resposta
Recibirá resposta