Non quero deixar pasar a moi boa noticia de que a prima de risco española, caeu onte ata os 111 puntos, o que supón retroceder ata niveis non rexistrados dende maio de 2010, é dicir, antes de que Zapatero anunciase o entón histórico axuste económico.
Unha prima de risco, por certo, inferior á de Italia (127) e Reino Unido (117)
Recordemos que a prima de risco é a diferenza entre o interese que se paga pola débeda dun país e o que se paga pola
E que se calcula obtendo as rendibilidades do bono alemán a 10 anos e do bono do país, A sua importancia é enorme porque cada punto básico que aumente supón que temos que pagar máis polos intereses da débeda.
Confiemos en que esta tendencia se manteña no futuro para ben do financiamento da economía de España.
Recibirá resposta
Recibirá resposta