Destaco de Pleno do
Congreso dos Deputados que celebramos esta semana a aprobación onte do ditame
de Comisión sobre o Proxecto de Lei Orgánica de protección de seguridade
cidadá, que obtivo 179 votos a favor e 140 en contra, ao que non ten incorporou
ningunha das emendas defendidas polos grupos. Unha vez conseguida, con 181
votos a favor e 141 en contra, a maioría absoluta necesaria polo seu carácter
orgánico, continuará a súa tramitación no Senado.
Este novo texto no que, ademais de recoller as observacións formuladas polo Consello Xeral do Poder Xudicial, Consello de Estado, Consello Fiscal e da Axencia Española de protección de Datos, inclúe modificacións impulsadas directamente polo Ministerio do Interior coa finalidade de mellorar as garantías e a seguridade xurídica.
Detallo as súas grandes
liñas:
. A Lei é garantista, profundamente democrática e ten un único obxectivo: o normal desenvolvemento da vida en liberdade de todos.
. A Lei só e exclusivamente persegue e sanciona accións ou actitudes violentas, incívicas ou perigosas.
. Non é unha lei para regular as manifestacións senón para dar resposta aos incidentes violentos. O réxime xurídico do dereito de manifestación non se modifica. Non se limita ningún dereito, pero si se sancionan as accións violentas, coactivas ou agresivas realizadas con ocasión ou coa escusa dunha manifestación.
. Dende o 1 de xaneiro de 2012 ata o 30 de setembro de 2014 producíronse en España máis de 1.000 disturbios violentos, nos que resultaron feridos 855 cidadáns e 618 policías e gardas civís. O custo destes disturbios violentos neste período de 32 meses ascende a 47,5 millóns de euros.
. A Lei sancionará condutas especialmente perigosas e graves, como o intento de cegar a pilotos de avión con dispositivos láser, que actualmente carece de sanción no noso ordenamento xurídico e que é unha forma de vandalismo que noutros países está penada con varios anos de cárcere.
. A lei tamén recollerá a
prohibición de solicitar ou aceptar servizos sexuais retribuídos en zonas de
tránsito público ou nas proximidades de colexios, gardarías ou parques
infantís, unha medida que reclamaron asociacións de pais e nais de España.
. Pero a Lei non é só sancionadora, senón que incorpora tamén unha novidosa e garantista regulación das potestades de intervención policial:
. Por primeira vez nunha norma con rango de Lei imponse o principio de non discriminación no exercicio de identificacións policiais, poñendo couto así ás identificacións con perfís étnicos. A partir de agora quedarán prohibidas por Lei. Os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade só poderán practicar identificacións preventivas ás persoas en dous supostos: cando se considere razoablemente necesario para previr a comisión dun delito ou para sancionar a comisión dunha infracción administrativa.
. por primeira vez regúlanse as garantías que se deben respectar nos rexistros corporais externos ou cacheos.
. os controis na vía
pública só se realizarán, de acordo coas observacións do CGPJ e CF, pola comisión de delitos de especial
gravidade e non por infraccións administrativas.
Fronte aos que din que a Lei prohibe as manifestacións:
. Poderanse celebrar manifestacións ante o Congreso sempre que, tal como é preceptivo para calquera manifestación, sexa comunicada debidamente. (Outros países europeos nin sequera permiten esta opción).
Fronte aos que din que a Lei prohibe as manifestacións:
. Poderanse celebrar manifestacións ante o Congreso sempre que, tal como é preceptivo para calquera manifestación, sexa comunicada debidamente. (Outros países europeos nin sequera permiten esta opción).
. Recóllese expresamente o deber de FCS da adopción de medidas para protexer o libre exercicio dos dereitos fundamentais e a adopción das medidas necesarias para protexer a celebración de reunións e manifestacións.
Fronte á crítica de que se endurecen as multas e a resposta ante as infraccións:
. A contía das multas é igual ou menor que os establecidos en 1992 e menor que noutras leis, como a que combate a violencia no deporte.
. Na fixación das sancións reduciuse enormemente a marxe de discrecionalidade ao dividir a contía das multas dividiranse en tres tramos nos seus graos mínimo, medio e máximo, segundo non haxa circunstancias agravante, polo menos unha e cando o feito sexa de especial graves respectivamente.
. Redúcese o número de infraccións de 58 a 45. Seguindo o criterio dos órganos consultivos, se suprimen as infraccións en materia electoral porque deben estar recollidas na normativa propia e aquelas nas que non era posible establecer as diferenzas con condutas xa previstas no Código Penal (ameazas, coaccións, calumnias ou aldraxes graves). Só se sanciona o cliente nas condutas relacionadas coa prostitución e quen ofrece servizos sexuais só no caso de que se resista a cumprir a orde de non o facer fronte a zonas frecuentadas por menores.
. Se adecúa ao informe da Axencia Española de Protección de Datos e o Rexistro Central de Infraccións cuxa creación será para a finalidade indicada e se considera a cancelación de oficio. Suprímese a publicidade das sancións.
. As sancións aos menores
por consumo ou tenza de drogas poderán suspenderse sempre que se sometan a
tratamentos de rehabilitación.
. Non é certo que esta Lei outorgue á Administración competencia para impoñer
sancións en ámbitos que, ata agora, estaban reservados aos xuíces e que agora
haxa que pagar taxas se se queren recorrer: As sancións administrativas en
materia de seguridade cidadá existen dende 1992, ao igual que existen noutros
ámbitos, como na Lei de violencia no deporte (2007), etc.
Recibirá resposta