martes, 30 de diciembre de 2014

Conectada por autovía toda a cornisa cantábrica

Viaxei hoxe por estrada a Asturias para participar no acto de posta en servizo do último subtramo da autovía A-8 en Asturias, entre os enlaces de Unquera e La Franca, de 4,15 km de lonxitude. 

Un acto que presidiu o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañado da ministra de FomentoAna Pastor e dos presidentes do Principado de Asturias e de Cantabria.

No seu discurso Mariano Rajoy recordou o investimento de case 8.000 millóns de euros en estradas realizado polo Goberno ata o momento e a previsión de investir máis de 2.000 millóns en 2015. 


Así mesmo, destacou a transcendencia das infraestruturas dende o punto de vista económico porque "son capitais para mellorar a competitividade das nosas empresas e, polo tanto, o benestar, a produción e a creación de postos de traballo".

Sinalou que o tramo inaugurado hoxe permitirá conectar Faro no sur de Portugal con París a través dunha estrada de alta velocidade e os beneficios que isto supoñerá para as comunidades interconectadas, pero tamén para o conxunto de España. "Tanto Asturias, como Cantabria, coma o País Vasco, como Galicia, irán mellor canto mellor lle vaia ao resto de España, e a España iralle mellor canto mellor lle vaia ao resto de Europa", engadiu.

Neste sentido, o presidente dixo que hoxe "o gran proxecto nacional é Europa; Europa xa é a nosa vida, forma parte do noso día a día: alí está nosa moeda, a política cambiario, a política monetaria,". "Son moitas as cousas que agora se formulan alí e son moitas as cousas que hai que facer para mellorar e engrandecer Europa", subliñou.


Parabens a todos os que impulsaron e traballaron para acadar esta infraestrutura, especialmente a ministra de Fomento, Ana Pastor que logrou poñer en servizo  un total de oito tramos en tres anos, que suman un total de 71,4 kilómetros da Autovía do Cantábrico. 

Tras a posta en servizo do tramo asturiano inaugurado hoxe sólo restan dous tramos de Cantabria, que finalizarán en 2015.

Por suposto Galicia está de noraboa pois estamos moito máis cerca de Europa e temos mellores posibilidades de relación cos nosos veciños vascos, cántabros e asturianos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta