miércoles, 3 de diciembre de 2014

Xornada de Portas Abertas no Congreso

O Congreso dos Deputados celebra hoxe e mañá, días 3 e 4 de decembro, as súas XVIII Xornadas de Portas Abertas, que se organizan dende 1997 no marco dos actos de conmemoración do Día da Constitución, o 6 de decembro, e permiten aos cidadáns realizar un percorrido polas estanzas máis representativas do Pazo.

Esta mañá o presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, abriu a Porta dos Leóns ás 9,30 horas para recibir os primeiros cidadáns que teñen achegaron a coñecer o patrimonio histórico e artístico da sede parlamentaria.


O percorrido dos visitantes comeza polo Vestíbulo principal ou Vestíbulo da Raíña, ao que dá acceso a Porta dos Leóns e continua polo Salón de Conferencias, coñecido como Salón de Pasos Perdidos; os Escritorios do Reloxo e da Constitución; o Hemiciclo ou Salón de Sesións e a Sala Constitucional.



Ao termo da visita, os cidadáns poden visitar a exposición organizada polo Congreso dos Deputados, que co título "Papeis para a Historia" realiza un percorrido pola historia parlamentaria dende 1810 ata 1977.

Esta tarde estiven, con outras compañeiras deputadas, no Hemiciclo falando con algúns dos visitantes, especialmente cun grupo de estudantes universitarios que nos fixeron preguntas sobre a nosa actividade parlamentaria.

 Foi moi satisfactorio este encontro cos cidadans.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta