Asisto hoxe ao acto conmemorativo do XXXVI aniversario da Constitución Española en Ourense.
Un acto institucional, pero que na nosa cidade ten un componente máis participativo e aberto a sociedade.
Nel foron entregados aos escolares
de 4 a 17 anos os premios da 31 edición do concurso escolar de debuxo ou
traballo artístico, ou de redacción, sobre a Constitución Española, sobre o tema " De la Corona" Título II.
Un concurso no que poden participar os estudantes dos niveis educativos de infantil e primaria, ensino
secundario obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional,
tanto de centros de ensino xeral e formación profesional públicos coma
concertados e privados da provincia de Ourense. Tamén
poden participar na categoría de educación infantil e primaria os alumnos de
centros de educación especial da provincia.
Tamén se entregaron
recoñecementos honoríficos á traxectoria solidaria. Á policía nacional Eva Rodríguez, que coordina a Unidade de Prevención,
Asistencia e Protección das vítimas de violencia de xénero; á Asociación Mans
Unidas, e ao médico cirurxián pediátrico Manuel Garrido
Valenzuela, que vén desenvolvendo dende hai anos un inxente labor
solidario e asistencial en Bolivia.
Finalizou o acto cun
magnífico discurso do subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro García,
e a interpretaciuón dos himnos de Galicia e de
España.
Recibirá resposta
Recibirá resposta