A próxima semana, asistirei á
Deputación Permanente do Congreso, que se reunirá o martes, 27 de xaneiro, ás
12.00 horas, para debater e votar as peticións presentadas polos diferentes
grupos parlamentarios que solicitan a comparecencia do presidente do Goberno,
Mariano Rajoy, e os ministros de Facenda e Administracións Públicas; Interior;
Emprego e Seguridade Social; Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente;
Fomento; Defensa; Xustiza e Economía e Competitividade en sesións extraordinarias
do Pleno e as correspondentes comisións.
Este órgano decidirá sobre as peticións de convocatoria de plenos extraordinarios formulados polo Grupo Socialista e pola Esquerda Plural e grupo Mixto para que o presidente do Goberno informe das actuacións e medidas que tomou á vista do contido do último escrito de acusación da Fiscalía Anticorrupción no caso Gürtel.
Así mesmo, debateranse as solicitudes, a petición do PSOE e de IU, ICV-EUiA, CHA para a comparecencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas, sobre o recorte de prestaciones sanitarias que sufrirán a partir do ano 2015 os funcionarios cuxa cobertura médica corre a cargo de MUFACE.
Doutra banda, os Grupos de CiU e PNV solicitaron as comparecencias do ministro de Interior en relación coa negativa do Goberno a conectar as policías autonómicas ás bases de datos internacionais, tralas ameazas terroristas que axexan a UE, e, a petición da Esquerda Plural e Grupo Mixto, para informar da situación da inmigración Ceuta e Melilla, centrándose na eliminación das grabaciones das cámaras do perímetro do valado de Melilla dos días do mes de agosto de 2014.

Tamén se decidirá sobre as comparecencias da ministra de Emprego e Seguridade Social en relación coa taxa de desemprego xuvenil e primeiro balance da implementación da iniciativa europea 'Garantía Xuvenil'; así como para explicar as súas últimas declaracións sobre o déficit das pensións da Seguridade Social en Cataluña, e unha terceira para informar da valoración do Ejcutivo sobre a última Sentenza do Tribunal Supremo que restitúe a ultraactividade dos convenios colectivos.
A petición do Grupo Socialista, debateranse a solicitude de comparecencia da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para dar conta das intencións do Goberno en relación ao Proxecto de Lei de Montes; así como a comparecencia da ministra de Fomento, para explicar os plans do seu Ministerio referidos ás políticas de privatización e liberalización de infraestruturas.
Por outra banda, debaterase a solicitude de comparecencia, por parte do PSOE, do Ministro de Defensa, con obxectivo de informar sobre as previsións en relación coa utilización das bases de Morón da Fronteira e Rota por parte de Estados Unidos.
Seguidamente, a petición dos Grupos Parlamentarios de IU, ICV-EUiA, CHA, decidirase sobre a comparecencia do Ministro de Xustiza, para informar sobre as actuacións para mellorar os sistemas de xustiza gratuita e da aplicación da lei de taxas xudiciais.
Ademais, a petición da Esquerda Plural e Grupo Mixto, tratarase sobre a posible comparecencia do Ministro de Economía e Competitividad, para informar sobre as medidas a adoptar para abordar o aumento dos índices de pobreza e desigualdade social.
Para rematar, debateranse as solicitudes de comparecencia da Ministra de Fomento, tanto para informar tanto da privatización de AENA, como para explicar as prioridades do Goberno en materia ferroviaria.
Deste último punto ocupareime, fixando o posicionamento do Grupo Parlamentario Popular.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta