sábado, 17 de enero de 2015

Alfonso Rueda elixido polo PP de G coordinador da campaña electoral municipal

Hoxe tivemos en Santiago de Compostela, unha reunión do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia no que abordamos temas políticos de gran interés, así como os preparativos da vindeira campaña electoral local.

Eliximos ao secretario xeral da formación, Alfonso Rueda, como coordinador de campaña de cara as eleccións municipais de maio.
  
Como novidade, o equipo contará con catro persoas, alcaldes de pequenos concellos e vilas media de Galicia, que serán o mellor enlace do partido coa realidade municipal.

 Estas persoas serán a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, o de Burela, José María González Barcia, a de Melide, Ángeles Vázquez, e a de Marín, María Ramallo.  

Abordamos tamén os traballos de elaboración dun programa marco que sirva como complemento ao programa xeral do PP nacional e ao programa de proximidade que presentará cada candidato nos concellos nos que se presenten.   

Ese documento, redactado polo equipo do coordinador do programa electoral, Pedro Puy, encóntrase na súa fase final de elaboración.

No relativo aos candidatos, das catro capitais de provincia serán designados polo Comité Electoral Nacional, unha vez escoitada a proposta do PPdeG.

 Os cabezas de lista do resto de grandes cidades designaranse polo Comité Electoral de Galicia, escoitadas tamén as propostas do partido nas provincias de A Coruña e Pontevedra. 

Trala Convención nacional do partido, o PPdeG comunicará as súas propostas para encabezar as súas candidaturas nas sete grandes cidades de Galicia, en coordinación sempre coa dirección nacional do partido.