Despois da inauguración da Praza de
Abastos da ponte, acompañamos á ministra de Fomento Ana Pastor ao Centro Cultural 'Marcos Valcárcel' da Deputación Provincial, onde dende as 13,00
horas se celebrou un foro-comida organizado polo Diario La
Región e patrocinado por Copasa.
Abriu o acto o conselleiro- delegado do diario, Oscar Outeiriño e logo efectuou
a presentación da ministra, o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar.
Logo foi a quenda da Ministra que pronunciou un discurso no que reafirmou que traballa para que a Alta Velocidade chegue a Galicia en 2018.
Logo foi a quenda da Ministra que pronunciou un discurso no que reafirmou que traballa para que a Alta Velocidade chegue a Galicia en 2018.
Ana Pastor, destacou que no
conxunto da lexislatura se investirán 14.245 millóns de euros na alta
velocidade. "Unha cifra que pon de manifesto o compromiso deste Goberno
para que a AVE chegue a gran parte da xeografía española", engadiu.
Dixo que algúns dos fitos máis importantes en alta velocidade que tiveron lugar
entre 2012 e 2014 foron, entre outros, a chegado da AVE a Figueras, a AVE a Alicante, o inicio dos servizos
internacionais de alta velocidade con Francia ou a posta en servizo de varios
tramos da liña Sevilla-Cádiz
e do Eixe Atlántico.
Aludiu tamén á nova política comercial e tarifaria posta en marcha por Renfe, que permitiu
pechar 2014 como un ano récord nos servizos de AVE e larga distancia, con máis
de 29 millóns de viaxeiros, fronte aos 25,4 millóns de 2013 e os 22,3 de 2012.
Neste punto, subliñou que o tráfico ferroviario entre Madrid e Galicia pechou
2014 con 846.517 viaxeiros, un 33% máis que no ano 2013.
Ademais,
a ministra sinalou que dende 1992, ano en que se puxo en servizo a primeira
liña de AVE, máis de 200 millóns de persoas viaxaron en trens de alta
velocidade. Todo este traballo permitiu, que o modelo triunfe no exterior. Así,
recordou que, por exemplo, en Arabia Saudí se está a impulsar a liña La Meca-Medina, na
que traballa con grande eficacia a empresa ourensá COPASA.
Respecto á chegada da alta velocidade a Galicia, a ministra afirmou que supón unha das maiores apostas deste Goberno en materia de infraestruturas. "A envergadura deste proxecto require dispoñer de importantes recursos, tanto económicos coma humanos, para avanzar a bo ritmo e lograr os obxectivos desexados".
Neste sentido, destacou que a dotación presupostaria total para a liña de alta
velocidade Olmedo
- Zamora - Lubián - Ourense - Vigo ascendeu, nesta
lexislatura, máis de 3.500 millóns de euros.
Con estas dotacións e investimentos foi posible, entre outras actuacións,
finalizar todas as obras de plataforma de Olmedo-Zamora, incluído o tramo da
estación de Zamora,
e ter en execución todas as obras dos tramos entre Zamora e Lubián (salvo o túnel de Padornelo vía
esquerda, en proxecto) e entre Lubián
e Taboadela.
Tamén
dixo que foi posible avanzar na montaxe da vía e instalacións entre Olmedo e Zamora, e iniciar os
traballos entre Zamora
e Pedralba, e
ter en execución as obras da fase 1 da remodelación da estación de Zamora e iniciadas
as obras da fase 2.
A ministra de Fomento
sinalou que este mesmo ano, chegará a alta velocidade a Zamora. Esta importante posta en servizo
supoñerá unha mellora de 30 minutos nos tempos de viaxe entre Madrid e todas as
capitais galegas, situando Ourense,
en particular, a pouco máis de catro horas de Madrid.
Ademais da AVE a Galicia, a ministra tamén se referiu ao Eixe Atlántico, que
vai reforzar a conectividade de Galicia. "Estamos a falar dunha
infraestrutura clave para todo o territorio galego, que supoñerá un novo
revulsivo para a economía desta rexión," indicou Pastor, quen sinalou que
se traballa co obxectivo de completar a conexión entre Santiago e Vigo este mesmo ano.
Esta infraestrutura conta cunha dotación nos presupostos nesta lexislatura de
837,82 millóns de euros. Grazas á súa construción poderase viaxar entre Vigo e A Coruña en 1 hora e
10 minutos e entre Santiago
e Vigo nuns 45
minutos.