Hoxe o Partido Popular reuniu en Madrid o seu Comité Executivo Nacional no que se sentaron as bases para empezar a traballar a estratexia para as eleccións municipais e autonómicas de maio.
Foron aprobados por unanimidade os nomeamentos do Comité de Campaña que será dirixido por Carlos Floriano, tamén vicesecretario xeral de Organización e Electoral. Xunto a el, haberá un coordinador de organización de campaña, Juan Carlos Vera; e un coordinador electoral, Vicente Tirado. Por primeira vez, o comité terá un voceiro, á vez que coordinador de comunicación online en Pablo Casado.
En relación ao calendario de actos do partido, María Dolores Cospedal adiantou que a Convención Nacional do 23, 24 e 25 de xaneiro se celebrará en Madrid e que será "un acto moi importante onde se van presentar os primeiros documentos que serven de pauta para programas marcos de autonómicas e locais" e que se baseará en catro piares: a política social "que garantiu o Goberno de España coa súa actuación"; a política económica do Goberno "que nos axudou a evitar un rescate e a quebra; "unha España unida e plural, que defenda a riqueza, a pluralidade e a fortaleza que dá a unidade" e o "papel de España na UE e no ámbito internacional".
"O primeiro compromiso que tiñamos cos cidadáns era un ben claro: sacar a España da recesión e da quebra, e este é un obxectivo que estamos a conseguir", expuxo Cospedal antes de manifestar que "queda moito traballo por facer, pero a situación cambiou de forma clara" e nesta afirmación sustentaranse todos os actos que se celebren nos próximos catro meses.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta