Comeza o ano con positivas novidades fiscais. Así os beneficiarios das tres novas deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que incorpora a reforma fiscal para o apoio á familia poderán solicitar a partir de agora o seu aboamento anticipado.
As deducións incluiranse na declaración anual de IRPF do 2015, a presentar en 2016, onde se regularizarán as cantidades que se tivesen percibido como aboamento anticipado.
As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendente con minusvalidez e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, se calcularán de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.
Os requisitos son dous: por un lado, realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade alternativa; por outro, ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente con minusvalidez, ou ser ascendente ou irmán orfo de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.
O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas totales á Seguridade Social e/ou mutualidades percibidas en cada período impositivo.
Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendentes e/ou descendentes con minusvalidez, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.
Recibirá resposta
Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendentes e/ou descendentes con minusvalidez, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.
Recibirá resposta