jueves, 29 de enero de 2015

Compromiso firme coa Autovía A-76 entre Ourense-Ponferrada

Onte pola tarde difundo unha nota de prensa para reiterar o firme compromiso do Goberno coa Autovía Ourense-Ponferrada, A-76 é subliñar que a propia ministra de Fomento, Ana Pastor, na súa recente visita a Ourense do pasado 19 de xaneiro, xa aclarou que estaba encargada a redacción dos proxectos dos primeiros tramos da autovía - o tramo A Veiga de Cascallá- O Barco de Valdeorras Este e o tramo Villamartín de la Abadía- Requejo.

Resaltei que o Executivo de Mariano Rajoy, con Ana Pastor como principal impulsora, non parou nesta Lexislatura de traballar en favor desta Autovía. A-76 que ten un total de 125 km., dos que en Ourense hai 46 km, e o seu estudo informativo foi aprobado definitivamente a principios do pasado ano (BOE 08/02/14), unha vez que en xullo de 2013 se obtivo a DIA favorable (BOE 14/08/13).

Así pois, informei que o Ministerio de Fomento xa se encontra redactando o Proxecto de Trazado e Construción do tramo entre A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense, que contará cunha lonxitude aproximada de 8,35 km., por un importe de 530.195,16 €. O presuposto estimado das obras ascende a 26,35 millóns de €.


E tamén que se está a redactar o Proxecto de Trazado e Construción do tramo entre Villamartín de la Abadía e Requejo, que contará cunha lonxitude aproximada de 7,6 km na provincia de León, por un importe de 742.030,87 €. Estímase que o presuposto das obras a definir por este proxecto será de 35,26 millóns de euros.

Ambos os dous tramos son considerados como prioritarios dentro da Autovía A-76, ao tratarse dun dos tramos con maior tráfico do itinerario.

Estas actuacións aumentarán a capacidade do corredor existente e mellorarán de forma notable os tempos de percorrido e as condicións de seguridade dos usuarios, evitando boa parte de discorrer en territorios urbanizados dos numerosos núcleos rurais presentes ao longo do trazado

Ao meu entender están cumpridos os compromisos presupostarios para A-76 do exercicio 2014 (había 100.000 euros consignados para cada un dos citados tramos)

Ademais á A-76 Ourense-Ponferrada recibe nos PGE 2015, para a redacción dos proxectos do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco Leste, a cantidade de 303.670 €.

E os PGE de 2015 inclúen, por primeira vez, unha partida de 60.000 euros para outro novo tramo desta autovía, o Requejo-A Veiga de Cascallá (esta mesma autovía, na provincia de León, tamén ten para dous tramos consignada unha partida de 543.000 euros).

É dicir consignacións máis que suficientes para poder impulsar os citados proxectos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta