lunes, 5 de enero de 2015

En decembro descende o paro rexistrado en 64.405 persoas

Coñecemos hoxe o dato de que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego de España baixou en decembro en 64.405 persoas (- 1,43%) o que deixa a cifra total de paro rexistrado en 4.447.711 persoas.

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas  dos Servizos Públicos de Emprego descendeu en 2014 en 253.627 persoas, un 5,39%, o que supón o maior descenso interanual rexistrado nun mes de decembro dende 1998.

Trátase do segundo descenso do paro rexistrado ao peche dun ano dende 2006, tras o anotado en 2013, cando caeu en 147.000 persoas co que o descenso acumulado nestes dous últimos anos supera xa as 400.000 persoas.

 Nos últimos 5 anos, o paro rexistrado tiña aumentado por termo medio en 314.000 persoas con respecto ao ano anterior.

 En termos desestacionalizados, o paro rexistrado tamén baixou, en 5.404 persoas, e suma o seu quinto descenso consecutivo.

Por sectores económicos, o paro entre os traballadores que habían desempeñado a súa última actividade nos Servizos cae en 65.275 persoas (un 2,23% menos) e en 2.639 persoas en Agricultura (un 1,23% menos), mentres en Construción se incrementa en 12.689 (un 2,39%) e en Industria en 2.435 (un 0,54% máis). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 11.615 persoas (-2,99%).

O paro rexistrado baixa en 12 Comunidades Autónomas, encabezadas por Andalucía (-24.901), Madrid (-13.528) e Comunidade Valenciana (-10.939). Sobe, pola contra, en 5, encabezadas por Galicia (3.286) e Castela e León (1.274).

GALICIA

Remata decembro con 251.918 parados, 3.286 mais que no mes anterior (1,32 %); en termos interanuais o número de parados en Galicia diminúe en 19.145 persoas, o que representa en valores porcentuais o – 7,06 %.

Trátase da décimo cuarta baixada interanual consecutiva, o que supón que “estes descensos xa se levan rexistrando de forma continuada durante máis dun ano”.


Galicia rematou o 2014 con niveis de paro inferiores aos que se rexistraron en 2013, en 2012 e en 2011. “Volvemos ás cifras de hai tres anos”, subliñou a responsable autonómica.


Por sectores, o incremento do paro concéntrase nos sectores da construción (+2.372) e da industria (+1.497). A continuación sitúase a agricultura e a pesca (+460). Pola contra, o paro baixa no sector servizos (-515) e no colectivo sen emprego anterior (-528).


Por provincias, o desemprego subiu en todas elas. O principal incremento detectouse na Coruña (+1.715); seguida por Pontevedra (+1.247); Lugo (+261); e Ourense (+63).


OURENSE

Remata o mes de decembro con 27.314 parados, 63 mais que no mes anterior (0,23 %), deles 13.130 son homes e 14.184 mulleres, 25.771 son maiores de 25 anos e 1.543 menores.

Por sectores, 1.383 son da agricultura, 3.887 da industria, 3.582 da construción, 16.151  nos servizos e 2.311 do colectivo sen emprego anterior.

En termos interanuais o número de parados en Ourense diminúe en 1.962 persoas, o que representa en valores porcentuais o - 6,70 % , 1,31 puntos máis que a media nacional.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta