Tamén asisto hoxe en FITUR á presentación
da décimo quinta edición de 2015 de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal,
Saúde e Benestar, nun acto no que participaron o ministro de Turismo de
Arxentina, Enrique Meyer,
a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente de Balnearios de
España e do ICTE,
Miguel Mirones,
o concelleiro de Termalismo de Ourense,
José A. Vázquez Barquero,
entre outros representantes do turismo de Arxentina
O director da feira, Alejandro Rubín, deu a coñecer as novidades de Termatalia 2015, "que reforzará o seu carácter profesional e formativo programando unha serie de accións que consolidarán o papel desta cita como centro de capacitación termal a nivel mundial". Tras reforzar o seu carácter de ponte termal entre Europa e América coa última edición celebrada en Arxentina, Termatalia programa a cita do 2015 (do 24 a 26 de setembro) na capital termal española de Ourense, onde se converterá de novo nun CENTRO DE NEGOCIOS para o sector do TURISMO DE SAÚDE, o TERMALISMO, a TALASOTERAPIA, e o SPA. Por este motivo, por primeira vez en Ourense, a feira celébrase de xoves a sábado (non de venres a domingo) para facilitar a participación ao público profesional.

Unha das principais
novidades da próxima edición, será a organización de accións formativas
complementarias na que poderán participar as delegacións de profesionais que
visiten Termatalia
e que inclúe formación especializada con certificación académica e a
realización de prácticas en centros termais de Galicia. As perspectivas para a
próxima edición son boas e países como Arxentina, México, Colombia ou Ecuador,
entre outros, xa confirmaron a súa presenza.
Recordemos que a Feira Internacional de Turismo Termal, de Saúde e Benestar, vén contando con selo de Internacionalidade dende o ano 2005, co que se cumpre o décimo aniversario do carácter mundial da feira.
Arxentina continuará exercendo o seu papel protagonista e participará na próxima edición en calidade de país invitado presentando os seus recursos termais ante profesionais dunha vintena de países.

Un obxectivo fudamental de Termatalia é
fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes dende un
punto de vista empresarial, institucional e social que permitirá obter unha
perspectiva global do sector impulsando o mercado estratéxico do Turismo Termal
e de Benestar a nivel mundial, ao tempo que se establecen vínculos científicos
e comerciais entre o continente europeo e americano. Este último prevé un
crecemento superior ao 9% anual ata 2017.
As accións profesionais desenvolvidas na feira afondan na profesionalización do sector tanto a nivel turístico como industrial e empresarial a través de accións como a Bolsa de Contratación Turística entre Touroperadores e Establecementos turísticos, Provedores de Bens de Equipo e potenciais importadores de diversos países, augas de bebida envasadas e distribuidores así como visitantes profesionais procedentes de entre 20 e 30 países. A iso hai que sumar as misións comerciais ou o Foro de Investidores, ademais de realizar unha convocatoria específica á canle minorista, é dicir, as axencias de viaxes. Tamén se organiza un Fam Press con prensa especializada que son prescriptores de opinión nos seus países de orixe.
De forma paralela a Termatalia celébrase cada ano o Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo. Trátase dunha serie de foros e xornadas técnicas que abordan o sector dende unha perspectiva multidisciplinar (turística, médica, ambiental, legal, económica, etc.) que reúne expertos procedentes de distintos países.