Acudo hoxe tamén a FITUR para asistir ao acto de
presentación polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, do plan extratéxico "Ourense, a provincia
termal", que a entidade promove xunto á Xunta de Galicia no que se agrupan todos
os produtos termais que ofrece a provincia.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu a firma de dous convenios de colaboración para fomentar o uso do tren en Galicia.
Destaco que o sector turístico é esencial na economía española e que dende as empresas do Grupo Fomento se traballa activamente con acordos e programas especiais en favor do turismo. Ademais, sinalou que "se trata unha vez máis dun claro exemplo de colaboración institucional".
O primeiro dos acordos, subscrito por Renfe Viajeros, a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, ten como obxectivo promover o uso do tren nas actividades culturais, turísticas e sociais que teñan lugar este ano en Galicia. A titular de Fomento subliñou os bos resultados dos trens turísticos o pasado ano, cunha ocupación media que na maioría dos casos superou o 80%.
O segundo dos acordos foi asinado por Renfe e a Deputación de Ourense é un convenio de colaboración de "Viaxes termais", que ten como obxectivo promocionar o termalismo da provincia de Ourense coa oferta de viaxes en tren con traslado aos balnearios e programa de tratamentos nos balnearios da provincia de Ourense.
Este acordo permitirá que todos os luns, de febreiro a decembro, os viaxeiros que desexen pasar un días gozando das bondades do termalismo poidan viaxar á provincia de Ourense aproveitando excelentes ofertas de viaxe en tren, traslados e estancias en balnearios dende máis de 40 das principais estacións de ferrocarril de España, combinando as liñas regulares de tren co posterior traslado incluído aos establecementos balnearios da provincia ourensá.
Preténdese así incrementar a competitividade do sector termal provincial cun modelo que poida sentar as bases e aproveitar, dentro de 3 anos, toda a potencialidade da chegada do AVE a Ourense e as reducións de tempos que xa se producirán este ano 2015 grazas á apertura de novos tramos de alta veocidade na viaxe entre Madrid e Ourense.
Igualmente
asistín ao acto de presentación da oferta turística da Ribeira Sacra, na que participou o
Presidente do Conselo Regulador da Denominación de Orixen e da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González,
así como a delegada territorial da Xunta
en Lugo, Raquel Arias.
No acto, por unha parte, déronse a coñecer dous vídeos promocionais da zona. Un deles consiste nun documental de 31 minutos de duración, producido polo consorcio turístico, que foi publicado ao mesmo tempo na web desta entidade.
O outro audiovisual, de oito minutos, foi realizado polo bloguero especializado Diego Pons.