Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro
en 98.500 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 87 persoas afiliadas respecto
ao mes anterior (- 0,09 %).
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un
incremento de 772 ocupados, (0,79 %).
A afiliación ao Réxime Xeral
terminou 2014 con 72.453 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 26.047
afiliados medios.
Galicia:
O número medio de afiliados á
Seguridade Social situouse o pasado decembro en 926.482 ocupados, cifra
que supuxo un descenso de 2.178 persoas afiliadas menos respecto ao mes
anterior (- 0,23 %).
En términos anuais, a afiliación
no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 11.856 ocupados
(1,30 %).
A afiliación ao Réxime Xeral
terminou 2014 con 687.320 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 217.516
afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.646 afiliados
medios.
España:
O número medio de afiliados á
Seguridade Social situouse o pasado decembro en 16.775.214 ocupados,
cifra que supuxo un incremento de 79.463 persoas afiliadas máis respecto ao mes
anterior (0,48 %).
O dato desestacionalizado
avala este bo resultado ao aumentar en 46.201 persoas.
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un increento de
417.574 ocupados (2,55 %).
É a primeira vez dende 2007
que asistimos a un mes de decembro con crecemento da ocupación en termos
interanuais.
A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2014 con 13.586.517
afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 3.125.806 afiliados medios, o
Réxime do Mar con 58.841 afiliados medios, e o do Carbón finalizou 4.050
afiliados medios.
En canto a variación
interanual, a afiliación media incrementouse en 417.574 persoas, é dicir, un
aumento do 2,55%. Concretamente o Réxime Xeral creceu un 2,59%, o que se
traduce en 342.649 afiliados máis que hai un ano.
Respecto ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos a afiliación aumentou en
75.466 persoas, un 2,47%. O Réxime do Mar descendeu en 233 (-0,40%), mentres o
Carbón o fixo en 307 persoas (-7,05%).
Concluindo, con 2014 péchase a páxina
dun ano de franca recuperación e con 2015 ábrese outro con mellores
perspectivas.
Cabe recordar que dende o punto álxido de afiliación o Sistema chegou a perder
máis de 3,2 millóns de afiliados, dos que se recuperaron 624.467 afiliados.
Recibirá resposta
Recibirá resposta