miércoles, 14 de enero de 2015

No faladoiro de Radio Voz


Hoxe participei en Radio Voz no habitual faladoiro que modera Antía Díaz Leal, e no que compartín micrófono con Laura Seara e Martiño Noriega.

Falamos en primeiro lugar da viaxe que hoxe está a realizar a Grecia, o presidente do Goberno, que se reuniu co actual presidente Antoni Samarás. Dixen que esta visita é lóxica entre presidentes de países socios da Unión Europea e que é normal que os partidos políticos afíns se apoien entre sí. E o Partido Popular apoia a opción política desa forza en Grecia, de cara aos comicios do 25 de xaneiro deste mes.

Dixen que é natural que entre os países de zona euro exista preocupación polo resultado destes comicios, tendo en conta que hai partidos, como Sirias, que chegaron a propoñer a saída do euro ou a reestruturación unilateral da débeda, aínda que agora moderasen as súas formulacións. Recordei como líderes políticos conservadores e socialistas, como Hollande, manifestasen a necesidade de respectar os compromisos contraídos con independencia de quen gañe. Pertencer á moeda única, dixo, implica compromisos construtivos e non cabe o unilateralismo e a confrontación.

Tamén aludín ao alto valor que dá a estabilidade política que xera confianza e que prometer cousas que son imposibles é algo que non ten ningún sentido e xera, ademais, unha enorme frustración.

Logo falamos do terrorismo yihadista e celebrei que PP e PSOE pactasen elaborar conxuntamente unha proposición de lei orgánica contra o terrorismo que dea un novo enfoque penal a este fenómeno. Iniciativa que busca un acordo con outros grupos parlamentarios.

Preténdese un cambio radical do tratamento penal do terrorismo para facer fronte ao yihadismo. Ata agora, ese capítulo estaba dirixido a combater fundamentalmente a grupos organizados e agora referirase a terroristas que actúen de forma individual. Búscase tipificar o recrutamento e adestramento, de forma que sexa posible encarcerar os que reciban adestramento en países que exportan o Jihad, como Iemen ou Sirya, entre outros.

Tamén esta valorandose o rexistro de pasaxeiros, que permite gardar datos sobre as viaxes de cada cidadán. Dixen que España como País que é moi castigado polo terrorismo - recordemos o atentado de Atocha - ten o maior interese en dar unha resposta dura e efectiva, en coordinación cos demais Estados de Europa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta