domingo, 18 de enero de 2015

Sobre o vindeiro Pleno extraordinario do Congreso dos Deputados

O Pleno do Congreso dos Deputados celebrará o próximo martes 20 de xaneiro unha Sesión extraordinaria a partir das 16.00 horas para debater sobre a validación ou derrogación do Real Decreto-Lei 17/2014, do 26 de decembro, de medidas de sostibilidade financeira das Comunidades Autónomas e Entidades Locais e outras de carácter económico.

Do mesmo modo, analizaremos o Real Decreto-Lei 16/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Programa de Activación para o Emprego. Ademais, o Pleno debaterá o Real Decreto-Lei 15/2014, do 19 de decembro, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias.

Por outra parte, o mércores terá lugar a Sesión de Control ao Goberno a partir das 09.00 horas, e posteriormente o Pleno discutirá os Ditames de Comisións sobre iniciativas lexislativas.

En concreto, afecta ao Proxecto de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, que pretende reforzar a confianza dos cidadáns no sistema xudicial. Para iso, a normativa recolle medidas como a aplicación da prisión permanente revisable, "reservada a delitos de excepcional gravidade", o sistema de medidas de seguridade, con ampliación do ámbito de aplicación vixiada, e a revisión do delito continuado.

Así mesmo, analizarase tamén o Proxecto de Lei Orgánica de control da actividade económico financeira dos Partidos Políticos, pola que se modifica a Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos Partidos Políticos, a Lei Orgánica 6/2002, do 27 de xuño, de Partidos Políticos e a Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta