O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe
os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro
de 2015
Son os seguintes:
Ourense:
Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co
mes anterior en 801 persoas, un 2,93 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro
do ano pasado, 2.541 persoas saíron en
Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do
8,29%.
O numero de parados queda en 28.115, deles
13.359 son homes e 14.756 mulleres, 26.473 son maiores de 25 anos e 1.642
menores.
Por sectores, 1.375 son da agricultura, 3.884 da
industria, 3.594 da construción, 18.912 nos servizos e 2.350 do colectivo sen
emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia medrou en xaneiro en 7.084 persoas con respecto a decembro (un 2,81 %). O
numero de parados queda en 259.002, deles 123.597 son homes e 135.405 mulleres,
245.024 son maiores de 25 anos e 13.978 menores.
Por sectores,
9.564 son da agricultura, 33.819 da industria, 33.040 da construción, 161.474
nos servicios e 20.205 do colectivo sen emprego anterior.
Sobe especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, algo ligado ao sector servizos. Na industria e na construción baixa o desemprego.
A análise interanual ofrécenos un dato máis representativo cá intermensual, pois o desestacionaliza. En xaneiro sempre crece o desemprego.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro
do ano pasado, 22.075 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón
unha caída do desemprego do 7,85%.
É o décimo quinto mes consecutivo no que baixa o paro a nivel interanual.
O paro interanual cae en Galicia case dous puntos
máis ca na media do Estado.
España:
O
número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego aumentou en xaneiro de 2015 en 77.980 persoas (un 1,75%) e sitúa a
cifra total en 4.525.691 persoas.
Deles os 2.137.837 son homes e 2.387.854
mulleres. Son menores de 25 anos, 384.932 e maiores, 4.140.759.
Por sectores, 228.384 son de agricultura, 452.644 da industria, 535.257 da construción, 2.938.627 de servizos e 370.779 do colectivo sen emprego anterior.
Aínda que xaneiro é un mes no que sempre aumentou o paro, o deste mes é o menor incremento dende 2007. Nos últimos 7 anos, o paro rexistrado no mes de xaneiro crecera por termo medio en 144.000 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 42.723 personas,el mellor dato nun mes de xaneiro de toda a serie histórica. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 22 meses de caída.
Nos
últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 288.744 persoas, o maior
descenso interanual do paro nun ano dende 1998, cunha taxa de redución
interanual que se sitúa no 6%.
Por sectores económicos, o paro entre os traballadores que desempeñaran a súa última actividade nos Servizos sobe en 76.744 persoas (un 2,68% máis) e en 15.858 persoas en Agricultura (un 7,46% máis), mentres en Construción se reduce en 7.857 (un 1,45% menos) e en Industria baixa en 753 (un 0,17% menos). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 6.012 persoas (un 1,60% menos).
Por sectores económicos, o paro entre os traballadores que desempeñaran a súa última actividade nos Servizos sobe en 76.744 persoas (un 2,68% máis) e en 15.858 persoas en Agricultura (un 7,46% máis), mentres en Construción se reduce en 7.857 (un 1,45% menos) e en Industria baixa en 753 (un 0,17% menos). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 6.012 persoas (un 1,60% menos).
O paro rexistrado baixa en 3 Comunidades Autónomas: Extremadura (-1.113), Canarias (-939) e Illes Balears (-494). Sobe, pola contra, en 14, encabezadas por Andalucía (28.033) e Comunidade Valenciana (7.569).
Estes
datos negativos, pois
o paro medra, son malia todo coherentes coa evolución recente da nosa
economía, e coas previsións formuladas por diferentes organismos e servizos de
estudos.
En todo caso hai que recordar que en xaneiro sempre subiu o paro, e a suba deste ano é a menor dende 2007, e os datos desestacionalizados indican que a tendencia de redución das cifras de desemprego séguense consolidando.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta