O presidente do PPdeG, Alberto Núñez interviu nun encontro co voceiro da campaña do PP, Pablo Casado. Dixo que "os populares non van a mirarse a si mesmos, como fai o nacionalismo, nin a disimular, como fixo o PSOE esta semana en Madrid, nin a autoproclamarse líderes de nada, como fixo Pablo Iglesias. O PPdeG organizou a Convención, dixo, para analizar os problemas que quedan por resolver, para mostrarse con humildade tal como é e para poñerse a disposición das persoas".
Tralas intervencións, Feijóo e Casado mantiveron un coloquio cos asistentes, que lles formularon varias preguntas sobre as vindeiras eleccións municipais, a oposición e a xestión dos populares, entre outras.
Alí, Feijóo aproveitou para poñer en valor aos sete candidatos das cidades galegas e destacar o liderado de Carlos Negreira na Coruña, a constancia e humildade de José Manuel Rey en Ferrol e o sentido común de Agustín Hernández na súa xestión en Santiago.
Sobre o candidato de Lugo, Jaime Castiñeira, destacou que “é un dos grandes demócratas de Galicia”. De Elena Muñoz louvou a “educación, formación e humildade” que a caracterizan e que considera que Vigo precisa. Por outra banda, apuntou que Jacobo Moreira representa o cambio que necesita Pontevedra e Jesús Vázquez, a garantía da volta á normalidade de Ourense.
O candidato popular á Alcaldía de Ourense Jesús Vázquez Abad interviu no encontro “Novos modelos de Concellos”, moderado por Manuel Baltar.
Manuel Baltar lembrou que restan 84 días para as Eleccións Municipais, tempo no que os populares “seguimos gobernando e seguimos facendo política. Temos que aproveitalo e é o que imos facer”. Manuel Baltar sinalou que só existen dous modelos de concellos: “O da xestión e a seriedade, e outro modelo, no que só interesa que non goberne a lista máis votada”. Un modelo, o dos bipartitos, “que na Xunta hai xusto mañá seis anos que desterramos co goberno do PP”.
Durante a súa intervención, Jesus Vazquez sinalou que afronta o reto con ilusión e ganas por mudar a inercia na que se atopa sumido o Concello de Ourense. “Quero devolverlle a ilusión aos ourensáns. Devolver ao Concello á normalidade, con propostas en positivo, desterrando a crispación e conformando un goberno con xestores nos que os ourensáns se sintan ben representados”.
Dixo que a súa proposta está baseada “no que non se debe volver a facer nunca”. “Queremos reflexar o que nos pide a xente día a día, buscando novos modelos que resolvan os problemas dos nosos veciños. A xente quere vivir en cidades normais, con xente normal, gobernadas por xente honrada, preparada que plantexan proxectos de futuro primando a colectividade”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta