Dos acordos adoptados onte polo Consello
de Ministros destaco pola súa repercusión social, a autorización da
contratación, por parte do Fondo Español de Garantía Agraria, da subministración
de leite enteiro UHT, aceite de oliva e conservas de
atún, por importe de 57.386.840 euros, para a súa subministración ás persoas
desfavorecidas dentro do marco do Programa de Axuda Alimentaria 2015.
Estes
alimentos uniranse a outros, de futura adquisición, como arroz, alimentos
infantís (cereais infantís, leite de continuación en po e tarritos infantís), garavanzos, fabas, pasta alimenticia
tipo espagueti, tomate frito en conserva, crema de verduras deshidratada,
galletas, feixóns verdes en conserva e froita en conserva sen azucre engadido,
cuxo importe total ascenderá 118,5 millóns de euros.
A compra destes
alimentos está cofinanciada polo Fondo de Axuda Europea para as persoas máis
desfavorecidas (FEAD), que achegará o 85 por 100 do
presuposto, e con achega nacional para o 15 por 100 restante.
O obxecto dos
contratos comprende a subministración dos alimentos, a súa entrega, descarga e
amoreamento nos almacéns das organizacións asociadas de distribución que designe
o FEGA, distribuídos por todo o territorio
nacional.
Informa o Goberno que as organizacións asociadas de distribución
repartirán, á súa vez, os alimentos entre máis de nove mil organizacións
asociadas de repartición que, pola súa banda, os entregarán de forma gratuíta ás
persoas en situación de pobreza ou de especial vulnerabilidade social.
A
distribución dos alimentos do Programa 2015 está prevista que se realice en tres
fases. As dúas primeiras prevese que se desenvolvan en 2015, coa distribución do
70 por 100 do total dos alimentos. A terceira fase terá lugar durante o primeiro
trimestre de 2016, co fin de asegurar unha continuidade ao longo do ano na
subministración de alimentos ás persoas desfavorecidas. Nela repartirase o 30
por 100 restante dos alimentos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Recibirá resposta