A próxima semana celebraremos no
Congreso o Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación, o que é o
vixésimo quinto dende a aprobación da Constitución, que é o terceiro desta X
Lexislatura.
O Debate, que se rexe conforme ao disposto nos artigos 196 e 197 do Regulamento
da Cámara, comeza o martes, día 24, ás 12:00 horas do mediodía, coa
presentación da comunicación do Executivo por parte do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
Tras a súa exposición suspéndese a sesión para continuarse ás 16:00 horas, coa
intervención do secretario xeral do PSOE, Pedro
Sánchez; o voceiro de CiU, Josep Antoni Duran i Lleida; Alberto Garzón e Joan Coscubiela polo grupo de ICV-EUiA, CHA; e a voceira de
UPyD, Rosa Díez;
o PNV, Aitor Esteban e os
representantes das formacións integradas no Grupo Mixto.
A sesión continuará o mércores ás
9:00 horas, cos voceiros que non tomaron a palabra o día anterior. O último en
intervir é o voceiro do Grupo Popular, Rafael Hernando. Pecha o debate o
presidente do Goberno.
O xefe do Executivo intervén en calquera momento do debate sen límite de tempo
para responder aos voceiros un a un ou de forma acumulada. Os grupos
parlamentarios dispoñen dunha primeira intervención de 35 minutos e unha
réplica de 10.
Unha vez concluído o Debate, e de acordo co artigo 197 do Regulamento do
Congreso, abrirase o prazo para a presentación de propostas de resolución, que
conclúe o mesmo mércores ás 14,00 horas.
Os grupos parlamentarios poderán presentar ata un máximo de quince propostas de
resolución, que serán cualificadas pola Mesa ás 17,00 horas. Ese mesmo día, ás
20,00 horas, pecharase o prazo para rexistrar emendas ás propostas de
resolución.
A Xunta de Voceiros reunirase o xoves, día 26 de febreiro, para ordenar o
debate en torno ás propostas de resolución, que se debaterán e votará ás 11,00
horas. Os grupos parlamentarios contarán cunha quenda de 15 minutos para
defendelas, e intervirán de menor a maior importancia numérica.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta