jueves, 19 de febrero de 2015

Máis castigo para os delitos de terrorismo

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou hoxe, 277 votos a favor, 27 en contra e 19 abstencións, a proposición de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal en materia de delitos de terrorismo, que tal e como se acordou o pasado martes se tramita en lectura única, polo que non pasou por relatorio e Comisión.

Unha vez votadas as emendas presentadas polos grupos parlamentarios, das que se aprobaron seis, e superada a maioría absoluta da Cámara, necesaria por tratarse dunha reforma de lei orgánica, esta proposición de lei continúa a súa tramitación no Senado. 

Se a Cámara Alta non o modifica, quedaría definitivamente aprobado, e se inclúe algunha emenda ou veto, volverá ao Pleno do Congreso.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta