domingo, 1 de febrero de 2015

Os pensionistas cobran a primeira mensualidade de 2015, xa revalorizada e incrementada pola reaixa do IRPF

A 1 de xaneiro de 2015 había en España 9.282.732 pensionistas, 400.000 máis que no ano 2.011.

Na provincia de Ourense, a primeiros do presente ano contamos con 109.683 pensionistas, dos que 9.800 eran de invalidez permanente, 69.446 de xubilación, 26.437 de viuvez, 2.832 de orfandaz e 1.168 a favor de familiares.

Pois ben, todos os pensionistas acaban o están a piques de cobrar a primeira mensualidade da súa pensión de 2015 e ven como se revalorizou un 0,25 sobre a que cobraron en 2014.



Non obstante en termos netos, o aumento é superior por efecto da rebaixa fiscal que entrou en vigor este ano. As pensións tributan como rendementos do traballo no IRPF, e polo tanto o tipo de retención que aplica a Seguridade Social rebáixase.


Así que entre a revalorización (0,25%) e a reforma fiscal, a pensión media neta mensual aumenta un 3% con respecto ao ano 2014.

Convén recordar que dende que chegou o actual Goberno a pensión media de xubilación se incrementou un 3,54%. Nos anos 2013 e 2014 o poder adquisitivo dos pensionistas aumentou, e as previsións establecen que en 2015, volverá crecer, entre outras cousas, pola estimada evolución da inflación que temos en España.(Ourense remetou 2014 cunha inflaccción do -1,1)

O noso Sistema de Pensións caracterízase por ser público, de repartición e solidario. É un mecanismo de asignación de transferencias de recursos entre xeracións, pero sempre sobre a base da equidade interxeracional.

O Fondo de Reserva permite o pagamento puntual, preciso e completo de todas as pensións, esa é a súa función e para iso creouse. As pensións están garantidas, os fondos adicionais do sistema están para que se utilicen cando hai que pagar as pensións.

Imos polo bo camiño. Con máis emprego, máis afiliados e máis crecemento, recuperarase a estabilidade financeira ata alcanzar ese equilibrio necesario que nos permita non ter que recorrer ao Fondo de Reserva da Seguridade Social para facer fronte ao pagamento das pensións. 

Mentres tanto, o Goberno ten o deber de tomar decisións con responsabilidade e garantir o pagamento das pensións a todos os pensionistas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta