Comparecín hoxe en rolda de prensa na sede do PP de Ourense, acompañado
da deputada Ana Vázquez,
da senadora Carmen Leyte
e do Senador Francisco
Fernandez, para facer balance do Debate sobre o estado da Nación
e presentar as propostas de resolución aprobadas.
Na miña quenda falei das familias españolas, así como dos autónomos e empresarios, que sufriron especialmente a crise, e que arrastran os seus efectos, especialmente cando van acompañados de moitas débedas. E informei do que vai facer este Goberno para facilitar a "segunda oportunidade" de todos os cidadáns. Anunciei a aprobación con carácter inmediato, dun Real Decreto Lei que lles dará maiores facilidades para afrontar a dificultade. E que potenciaranse medidas como o acordo extraxudicial de pagamentos, a redución de prazos, convocatorias ou aranceis, entre outras.
Tamén me referín ás decisións tomadas para traballar a favor dunha Xustiza áxil, interconectada, próxima e electrónica. Destacando que se eliminarán as taxas xudiciais para as persoas físicas, grazas á mellora económica.
Ana Vázquez informou sobre a tarifa reducida para os novos contratos indefinidos cun mínimo de 500 euros exento de cotización. O aforro será maior para os salarios máis pequenos: A cotización para os salarios máis baixos reducirase un 70%.
Tamén presentou a bonificación para a conciliación de autónomos, dun 100% na cotización da Seguridade Social. E máis axudas ás familias, como a extensión do cheque familiar de 1.200 euros ás familias monoparentais e a familias numerosas ou con dependentes a cargo sostidas por pensionistas e parados.
Pola súa banda Carmen Leyte
aludiu a ao tema da hepatite C, ao que só Rajoy se referiu no citado Debate,
comprometendo unha solución global a este serio problema.
E informou
como onte o comité de expertos nacionais e internacionais, coordinados polo
doutor Joan Rodés,
presentou ao ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade as liñas
xenerais do Plan Estratéxico Nacional para a Abordaxe da Hepatite C, no que
traballan dende o pasado xaneiro.
O obxectivo xeral é diminuír a morbimortalidade
causada polo virus, mellorando a prevención, o diagnóstico, o tratamento e o
seguimento dos pacientes en todo o Sistema Nacional de Saúde.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta