Os
deputados nacionais Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, así como os senadores do
PP de Ourense Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Juan Manuel Jiménez
Morán comparecimos hoxe en rolda de prensa para abordar asuntos de actualidade
económica do Goberno presidido por Mariano Rajoy de interese para a provincia,
como son a reforma fiscal, as pensións e
o emprego.
REFORMA FISCAL
En relación á reforma fiscal, desgranei
datos por anualidades referidos á provincia de Ourense. Así, dixen que a
reforma do IRPF en Ourense suporá
unha inxección en 2015 de algo mais de 24 millóns de euros para os seus 147.353
declarantes, devolvendo aos petos dos ourensáns 166 € de media por declarante.
De feito, no pasado mes de xaneiro, a rebaixa de impostos xa supuso unha
inxección de dous millóns de euros en Ourense.
No que respecta ao ano 2016, o impacto da
segunda fase da reforma respecto ao ano anterior será de 8 millóns de euros
adicionais, o que suporá devolver aos petos dos ourensáns 53 € de media por
declarante. A suma de ámbalas dúas anualidades (2015+2016) revertirá en que a
reforma do IRPF en Ourense suporá unha inxección de mais de 32 millóns de euros
para os seus 147.353 declarantes, devolvendo aos ourensáns unha media por
declarante de 219 €.
Afirmei que, en termos xerais, a reforma
fiscal que entrou en vigor o 1 de xaneiro deste ano consiste nunha baixada de
impostos, feita con equidade e que beneficia a tódolos españois.
No que respecta ao IRPF, beneficia a máis de 20 millóns de
contribuíntes en todo o Estado, que terán máis renda dispoñible, cunha rebaixa
media de 12,5% e que será do 23,47% para aqueles contribuíntes con rendas inferiores
a 24.000€ (que son o 72% dos cidadáns). As rendas inferiores a 12.000€ non
tributarán.
No tocante ao Imposto de Sociedades, dixen
que se baixa o tipo de gravamen do 30% ao 28% en 2015, e ao 25% en 2016, o que
sitúa a España lixeiramente por baixo dos seus principais socios comerciais
(Alemania, Francia e Italia). O que vai a permitir gañar en competitividade e
favorecerá o investimento, o crecemento e a creación de emprego.
PENSIÓNS
Expliquei que dende que tomou posesión o
actual Goberno, a pensión media de xubilación se incrementou nun 3,54 %. Unha aposta
é firme para que os pensionistas gañen poder adquisitivo.
Hoxe hai 400.000 pensións máis que en
2011. O Goberno conseguiu garantir que 9.282.732 pensionistas cobrasen e cobren
mes a mes, puntualmente, as súas pensións.
Dixen que se hai que utilizar o Fondo de
Reserva, se utilizará para apoiar aos pensionistas ata o final, e que se
revalorizaron as pensións en 2012, en 2013 e en 2014, e volverán a ser revalorizadas
nun 0,25% en 2015, porque é un dereito irrenunciable que teñen os pensionistas
neste país.
En clave ourensá, informei que en 2015
todas as pensións dos 109.683 pensionistas ourensáns se revalorizarán nun
0,25%.
Entre esta revalorización e a reforma
fiscal, a pensión media neta mensual aumentará un 3% con respecto ao ano 2014.
Polo tanto, en 2015 se prevé que todas as pensións volvan a gañar poder
Polo tanto, en 2015 se prevé que todas as pensións volvan a gañar poder
EMPREGO
Na rolda de prensa fixemos referencia aos datos
coñecidos o pasado 22 de xaneiro relativos á Enquisa de Poboación Activa
(EPA) do cuarto trimestre de 2014 referidos á provincia de Ourense, que
acreditan que pechamos 2014 con 107.400 ocupados (en 2013 eran 102.900), o que
supón un crecemento da ocupación de 4.500 persoas.
A enquisa da EPA tamén sinala que se
pechou 2014 con 27.800 parados (en 2013 eran 31.100), o que supón 3.300
desempregados menos.
No
que se refire á taxa de paro, quedou situada a final de ano no 20,59% (en 2013
era do 23,21%). Polo tanto, se reduce en 2,62 puntos. Unha taxa de paro
provincial inferior en 3,11 puntos respecto á media nacional (23,70%).
Lembrei que sen ningún triunfalismo, cabe
valorar estes datos como moi positivos e evidenciadores da recuperación
económica da economía ourensá no contexto da economía naciona.
Tamén falaron de que ao peche de 2014, a
provincia de Ourense contabilizou 27.314 parados rexistrados, cando a finais do
ano 2013 foran 29.276. Polo tanto en 12 meses saíron das listas do paro un
total de 1.962 persoas, o que representa, en valores porcentuais, o -6,70%;
1,31 puntos máis de descenso que a media nacional.
O último dato coñecido de paro
rexistrado na provincia é de xaneiro de 2015, que contabiliza un total de
28.115 persoas. Dixen que se comparamos este dato co do mesmo mes de 2014,
resulta que en Ourense hai 2.542 parados menos, o que supón unha caída do
desemprego do 8,29%.
E que ao igual que os da Enquisa de
Poboación Activa, son uns datos esperanzadores e temos a confianza de que se
siga reducindo o desemprego no presente ano 2015.
Rematou a rolda a deputada Ana Belén
Vázquez explicando os últimos datos do Balance de Criminalidade que presentou
onte o Ministerio de Interior correspondente ao cuarto trimestre de 2014.,
destacando que mellor dato de Galicia rexistrouse precisamente en Ourense, onde
en 2014 se rexistraron 8.176 delitos e faltas, o que constitúe un descenso do
11,1%, cuxa cifra ascendeu a 9.199.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta