Onte tivemos reunion do Comité de
Dirección do PPdeG, presidida por Alberto Núñez Feijóo, no que
abordamos como tema principal a Convención municipal do partido que terá lugar
o vindeiro fin de semana en Santiago de Compstela.
O eslogan escollido para
este encontró é “Por todo o que
importa”, o que representa a filosofía de traballo do Partido Popular de
Galicia.
Esta Convención adicará a
xornada do sábado 28 ás persoas que encabezarán as listas do partido ás cidades
pero tamén a pequenos concellos de Galicia. Ademais, intervirán a
ministra de Fomento, Ana Pastor, o voceiro de campaña do PP, Pablo Casado, e o
presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. Todo cun formato aberto para
que os dirixentes do PPdeG escoiten e
interactúen cos militantes do partido.
Ademais das actividades do plenario, a Convención terá espazo para a formación dos candidatos e dos dirixentes do partido, así como encontros nos diferentes stands que completarán a montaxe do event
O domingo 1 de marzo, na clausura
do encontro estarán o propio Feijóo e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de
Santamaría.
https://www.youtube.com/watch?v=DUwUeNvlzQ0
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta