viernes, 27 de marzo de 2015

Actuando no Código Penal contra o furtivismo no marisqueo

Un aspecto moi importante para Galicia, dentro do proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei do Código Penal, é no que se contempla por fin para determinados supostos do furtivismo no marisqueo, a tipificación como un delito.


Cúmprese así cun compromiso asumido atendendo as demandas do sector pesqueiro e marisqueiro, e de xeito especial cúmprese cunha reiterada petición e un traballo rigoroso formulado pola conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

É de xustiza recoñecer o traballo despregado no Congreso polo deputado lucense e voceiro de pesca do GPP, Joaquin García Díez que xa en novembro de 2012, tivo a ocasión de defender unha PNL formulada para perseguir aos que esquilman o mar e protexer aos que se gañan a vida honradamente coa práctica do marisqueo.

 Sempre defendendo que había que penar os que, aproveitando a vulnerabilidade das sancións administrativas, tiraban proveito económico devastando os recursos marisqueiros. Unhas actuacións irregulares que lastraban a propia capacidade de xestión e ordenación dos recursos e supoñía, en moitas ocasións, un problema adicional relacionado coa falta de control sanitario.


Coa aprobación no Pleno de onte no Congreso dos Deputados do proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei do Código Penal, dáse satisfacción a esa vella reivindicación do GPP e cúmprese coa petición do sector marisqueiro e do Goberno galego, que defende os intereses da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis afectada pola práctica desta actividade, con máis de 1.200 Km de costa.

É necesario recordar a importancia do marisqueo en Galicia, cunha ocupación de aproximadamente 5.000 persoas entre mariscadores a flote e a pé, das que 4.000 son mulleres, e cunha produción que rolda as 10.000 toneladas ao ano cun valor aproximado de 75 millóns de euros. "A falta de escrúpulos e de respecto á Lei que practica un 1% pon en risco o medio de vida do 99% de mariscadoras e mariscadores"

Coa aprobación desta modificación no Código Penal, mediante a reforma do seu artigo 335, considérase o furtivismo no marisqueo como falta, chegando a considerala delito cando poña en risco a sostibilidade dos recursos, con penas de entre seis meses e dous anos de prisión en función da gravidade do feito.


Parabens a Joaquín García Díez, e aos demais parlamentarios galegos que no Congreso e o Senado se ocuparon de impulsar este necesario cambio lexislativo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta