viernes, 13 de marzo de 2015

Adiante coa reforma da Lei de Axuizamento Criminal

. O Consello de Ministros aprobou hoxe a remisión ás Cortes Xerais de dous Proxectos de Lei (un de Lei Orgánica e outro de Lei Ordinaria) que modifican a Lei de Axuizamento Criminal, unha norma que ven de 1882.


O texto aprobado hoxe, e presentado polo ministro Rafael Catalá, remite o Anteproxecto de Lei estudado polo Consello de Ministros o pasado 5 de decembro de 2014, pero as súas materias escindíronse en dous Proxectos de Lei: un regula as cuestións que afectan a dereitos fundamentais (Proxecto de Lei Orgánica), como o estatuto do investigado e as dilixencias de investigación tecnolóxica; o outro, as de índole procesual, entre as que se encontran as medidas de axilización da xustiza penal e outras garantías como o proceso monitorio penal, a xeneralización da segunda instancia e a ampliación do recurso de revisión.


A reforma enmárcase no paquete de medidas contra a corrupción que este Goberno impulsou, e facilita a xuíces e fiscais ferramentas eficaces na loita contra este tipo de delitos.

A reforma:

. Axiliza a xustiza penal, fortalece as garantías procesuais e ampla o comiso.

. A instrución terá un prazo máximo de seis meses ou de 18 cando a investigación sexa complexa.

. O termo "imputado" substitúese por "investigado" na fase de instrución e por "procesado" tras o auto formal de acusación.

. As sentenzas das Audiencias Provinciais serán revisadas en segunda instancia polos Tribunais Superiores de Xustiza e as da Audiencia Nacional por unha Sala de Apelación propia.

. Permite que os penados por sentenzas españolas que resulten absolvidos polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos soliciten a revisión das súas sentenzas.

. Regula un proceso de comiso autónomo que permite actuar contra todo o patrimonio dun penado.

Sen dúbida unha necesaria e importante reforma.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta