Hoxe en
nome do Grupo Popular no Congreso, interveu o deputado Leopoldo Barreda,
no debate da reforma do Código
Penal, afirmando que "supón unha ampla revisión pero, sobre todo, unha
actualización atenta a novos fenómenos e novas demandas sociais".
Neste
sentido, engadiu que a partir da súa entrada en vigor, "teremos un mellor
e máis áxil sistema penal; un sistema que adapta as nosas normas en múltiples
ámbitos ao marco xurídico internacionalLa reforma. desconxestiona a xustiza
penal ao suprimir faltas de escasa entidade e dá resposta penal nos termos que
nos demandan os cidadáns". "É eficaz e proporcionada a novas formas
de delincuencia", subliñou.
Criticou
á a oposición por falar da reforma en termos de "caricatura",
"populismo punitivo", recorte de liberdades ou endurecemento de
penas. Na súa opinión, a simple lectura desmente estes cualificativos á par que
"acredita por si mesma a nula vontade de acordo coa cal os grupos da
oposición afrontaron os diferentes trámites parlamentariaos".
O
voceiro popular referiuse tamén á incorporación da prisión permanente revisable
e, neste sentido, destacou que a mesma conta co apoio de dous terzos dos
españois, co aval do Consello de Estado e respectando o Tratado de Roma e a
xurisprudencia do Tribunal de Estrasburgo na materia.
Por
iso, lamentou de novo a oposición dos socialistas a esta figura penal
"destinada a delitos de excepcional gravidade, os máis graves, os máis
repugnantes, os que maior alarma social producen os que maior rexeitamento
concitan", como os asasinatos de menores,agresiones sexuais, terrorismo ou
magnicidio.
Así,
subliñou que a reforma "non" renuncia á reinserción do penado á par
que dá resposta á seguridade que esixen os cidadáns e pon a énfase na xustiza
porque é xusto que máis graves leven consigo máis graves condenas".
"Seguimos defendendo esta reforma pensando non na doutrina ou a teoría
académica, senón nas persoas e en dar resposta ás súas demandas e resolver os
seus problemas", aseverou.
Leopoldo
Barreda tamén explicou que a reforma "permitirá afrontar con maior
eficacia a criminalidade reiterada ou a multirreincidencia en delitos
contra a propiedade ou o patrimonio" e no tipo penal do furto, incorpora
como suposto agravado "a inutilización de dispositivos de alarma ou
seguridade e dáse resposta proporcionada, pola gravidade do feito, á
preocupación que xeran furtos ou roubos cometidos en explotacións agrícolas ou
gandeiras".
En
relación coa especial protección das persoas, o voceiro do PP sinalou
que se incorporan novos tipos penais para perseguir as condutas contra a
liberdade, a dignidade e o respecto ás mulleres. "O novo texto -dixo-
facilita perseguir a quen se lucre explotando a prostitución doutra
persoa".
Igualmente,
destacou a incorporación da discriminación por razón de xénero e a mellor
protección aos menores que leva consigo a reforma, pois tipifícanse os
contactos a través de internet para cometer delitos sexuais ou mostrar material
pornográfico e prevese a retirada ou bloqueo de páxinas con estes contidos ou
que utilicen persoas con minusvalidez.
En
canto á loita contra a corrupción, Barreda sinalou que o conxunta da
reforma "fará posible dar resposta penal aos corruptos nos termos que
demanda a sociedade, é dicir, ingresando no cárcere para o cumprimento das
penas afastándoos da política e da administración con penas de inhabilitación
especial e logrando a devolución do ilexitimamente adquirido a través da figura
do comiso".
O
dirixente popular tamén destacou outros apartados da reforma que afrontan novos
tipos de delincuencia e, neste sentido, explicou que no Senado se mellorou a
precisión dos tipos e a seguridade xurídica dos delitos contra a propiedade
intelectual ou contra a saúde pública.
Por
último, e en relación ao abandono e maltrato de animais, Barredaindicou
que "se tipifican novas condutas e se agravan as penas", ademais dun
novo tratamento dos incendios forestais, ou a tipificación do furtivismo de
especies marisqueiras e pesqueiras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta