domingo, 8 de marzo de 2015

En Ourense no Congreso Intercoiffure España

Hoxe temos a sorte de acoller en Ourense, no Campus de Ourense no edificio xurídico empresarial na aula "José Ángel Valente"  o V Congreso Intercoiffure España, ao que asisten máis de 200 profesionais do sector do peiteado e a estética.

Unha xornada que abriu o presidente de Intercoiffure, o aragonés Luis Romero e o vicereitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

Escoitei a intervención de catro relatores. Santiago Vila, representante da firma Revlon, patrocinadora do congreso,  que disertou sobre "A búsqueda do éxito"; Lourdes Mourelle, asesora da Consellería de Educación, falou de "Novos retos de benestar"; o comunicador Xosé Manuel Piñeiro que falou sobre "A importancia da imaxe nos medios de comunicación" e Lucky Seoane, presidente galego da Asociación, que reflexionou sobre "A nova orientación do peiteado".

Clausurou o Congreso a directora xeral de comercio, Sol Vázquez Areal.


Parabéns aos organizadores deste Congreso de marcado contido profesional e moi en especial a familia Seoane que foron os artífices da elección de Ourense para este evento.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta