Hoxe
coñecemos que Asix, a sociedade de Capital Risco do Grupo ICO, resolveu a Cuarta Convocatoria de FOND-ICO Global coa
selección de seis fondos, nos que investirá 123,75 millóns de euros.
A esta convocatoria, que contaba coas categorías de Capital Expansión, Venture Capital e
Incubación, presentáronse 15 fondos, dos cales o 40% son internacionais.
Estes
datos poñen de manifesto o interese e compromiso dos investidores
internacionais por investir en empresas españolas, así como a confianza na nosa
economía e nas súas perspectivas de cara aos próximos anos.
O investimento de FOND-ICO Global nos seis
fondos seleccionados alcanza un máximo de 123,75 millóns de euros, dos cales 75
millóns se destinarán aos dous fondos de Capital Expansión, 34,75 millóns aos
dous de Venture Capital
e 14 millóns aos dous restantes de Incubación. Pola súa banda os candidatos
elixidos investirán en España un mínimo de 573,44 millóns de euros, o que supón
4,6 veces a cantidade comprometida por FOND-ICO Global.
Nas catro convocatorias realizadas dende o seu lanzamento, FOND-ICO Global comprometeu un investimento de
755 millóns de euros en 29 fondos. Pola súa banda os fondos seleccionados
inverterán un total de 2.567 millóns de euros en empresas españolas, o que sen
dúbida repercutirá nunha mellora da súa competitividade e se potenciará a
creación de emprego.
Hai que felicitar ao ICO
que preside a viguesa Irene
Garrido, pois a posta en marcha de FOND-ICO Global foi decisiva na dinamización e
reactivación do sector do Capital Risco en España, apoiando e potenciando os
principais actores da nosa economía, as Pemes e os emprendedores, no acceso a
un financiamento competitivo alternativo ao bancario que lles permita soster a
súa actividade, o seu dinamismo, para impulsar o seu desenvolvemento futuro e
seguir xerando emprego.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta