miércoles, 11 de marzo de 2015

No faladoiro de Radio Voz


Hoxe participo na habitual tertulia de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que tamén estiveron Olaia Fernández, Yashmina Shwki e Antón Arías.

Abordamos o acontecido na sesión de control ao Goberno desta mañá.

Dixen en primeiro lugar que hoxe, 11 de marzo, se cumpren once anos dos atentados contra os trens de Proximidades de Madrid, nas estacións de Atocha, El Pozo e Santa Eugenia. E que por iso antes de comezar a sesión de control ao Goberno no Congreso, todos os deputados gardamos un minuto de silencio como homenaxe ás vítimas desas explosións, 192 mortos e máis de 2.000 feridos.

Recordei que hoxe Mariano Rajoy respondeu a preguntas sobre temas de grande interese. Así en resposta ao deputado de ERC, Alfred Bosch enumerou algunhas das medidas que se puxeron en marcha para combater a pobreza infantil que tomaron durante estes anos de crise. Así mesmo, destacou a importancia da política industrial para xerar crecemento económico e emprego e asegurou que, ante as inundacións do Ebro, se actuou de xeito coordinado dende o primeiro momento e recordou a presenza nas zonas afectadas de membros do Goberno durante os días máis críticos e destacou a aprobación o pasado Consello de Ministros do Real Decreto Lei para paliar as consecuencias das inundacións. Neste punto, recomendou a Sánchez non facer "campañas a custa do sufrimento da xente".


Dixen que a polémica xerada logo cando Sanchez falou  do caso Gurtel e Rajoy replicou cos ERES de Andalucía teñen máis que ver con período electoral que se afronta nos vindeiros días.

 En todo caso dixen que o líder do Partido Socialista dun xeito interesado sacou o tema fora do contido xeral dunha pregunta que versaba exclusivamente sobre as inundacións de Aragón.

Logo falamos da polémica do ministro de Defensa, Pedro Morenés, coa deputada de UPyD Irene Lozano, a raíz da pregunta sobre que medidas vai tomar o Goberno para previr o acoso sexual nas Forzas Armadas, aludindo ao caso da comandante do Exército Zaida Cantera.

Dixen que non compartía " o tono" do ministro na súa resposta, ainda que coincidía co fondo dela cando afirmou que "o Ministerio de Defensa mantén unha política de tolerancia cero ao acoso sexual" e exemplo diso é a introdución do delito de acoso e abuso sexual no Código Penal Militar, en tramitación parlamentaria.

 Dixén que o Partido Popular está absolutamente enfrontado a calquera clase de acoso sexual, en todos os ámbitos da vida.