A
sesión comezou esta mañá, ás 9,00 horas, coa comparecencia da Defensora do
pobo, Soledad Becerril,
para presentar o Informe desta institución sobre a xestión realizada durante o
ano 2014.
A
sesión continuou co debate sobre o Real Decreto-Lei polo que se adoptan medidas
urxentes para reparar os danos causados polas inundacións e outros efectos dos
temporais de chuvia, neve e vento acaecidos nos meses de xaneiro, febreiro e
marzo de 2015, que foi validado con 319 votos a favor, e unha abstención.
Posteriormente,
debatéronse e aprobaron as emendas do Senado á Lei Orgánica pola que se
modifica a Lei Orgánica 10/1995 do Código Penal, que con 181 votos a favor, 134
en contra e 2 abstencións, alcanzou a maioría absoluta necesaria polo seu
carácter orgánico e quedou lista para ser publicada no BOE e entrar
en vigor.
Tamén
se aprobou, con 181 votos a favor, 140 en contra e 1 abstención, a Lei Orgánica
de protección da seguridade cidadá, coas emendas aprobadas polo Senado, que se
incorporan ao texto definitivo.
O
Proxecto de Lei Orgánica de control da actividade económico-financeira dos
Partidos Políticos, aprobouse con 197 votos a favor, 122 en contra e 3
abstencións, tamén coas emendas do Senado; ao igual que o Proxecto de Lei
reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeral do Estado, que
non require votación de conxunto por non ser orgánica.
Por
último, quedou aprobada, con 283 votos a favor, 24 en contra e 14 abstencións,
a reforma da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal en
materia de delitos de terrorismo, á que se incorporan tamén todos os cambios
realizados durante a súa tramitación na Cámara Alta.
Por
último, tivo lugar o debate de totalidade do Proxecto de Lei do Sistema Nacional
de Protección Civil que inicia a súa tramitación ao rexeitarse, con, as emendas
de devolución presentadas por CiU, a Esquerda Plural, CiU e ERC (Grupo
Mixto). 34 votos a favor, 286 en contra e 1 abstención.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta