jueves, 12 de marzo de 2015

Nas II Xornadas FIDEX sobre Enxeñaría e eficiencia

Participo esta mañá nunha Xornada sobre Enxeñaría e eficiencia, organizado por FIDEX, Foro para a  Enxeñaría de Excelencia.


Un acto que foi inaugurado por Cristina Cifuentes Delegada de Gobierno de España na Comunidade de Madrid e Juan Santamaría, Presidente de FIDEX.

Falei en primer lugar sa distuación económica. Dixen que esta lexislatura comezou a finais de 2011, cando se pechaban miles de empresas, desaparecían os investimentos, a nosa economía decrecía e 3.200 persoas perdían o seu emprego cada día.


Recordei as escaladas da prima de risco e a ameaza de intervención. E que tivemos que dedicar dous anos duros, de esforzos e renuncias para lograr axustar as contas. Ao mesmo tempo impulsamos profundas reformas como a laboral e a do sistema financeiro.

Dixen que pechamos 2014 cun incremento do noso Produto Interior Bruto do 1,4 por 100. É o primeiro ano en que se crece dende o inicio da crise. Lembrei que o gasto en desemprego case chegou a ser tanto como o gasto conxunto de todos os Ministerios.Por iso o noso Goberno xa anunciou, que en 2015 o crecemento da economía española alcanzará o 2,4 por 100. 

Resaltei o avance do emprego neto que  alcanzou en 2014,  440.000 persoas e que cofiamos en que sumados aos de 2015 academos o millón de empregos netos.

España pasou de ser un país ao bordo da quebra a converterse no exemplo de recuperación no que, a día de hoxe, se fixan outros países da Unión Europea. E que traballamos para sair  da crise todos xuntos, sen esgazaduras sociais, sen que nin as circunstancias, nin as nosas intervencións, afondasen as desigualdades.

Lembrei que o gasto en desemprego case chegou a ser tanto como o gasto conxunto de todos os Ministerios.

Na miña intervención destaquei a xestión do Minsiterio de Fomento, que dirixe Ana Pasrtor.

Dixen que entre 2012 e 2014 o Ministerio de Fomento foi capaz de sanear 5.550 millóns de euros, o que equivale ao 92% do presuposto da Sección 17 para 2015. Noutras palabras, en 3 anos tivo que acometer e logrou sanear practicamente o presuposto dun exercicio.

Neste tempo Fomento destinou moito esforzo e gran parte do seu presuposto a atender obrigas de exercicios anteriores, que non se pagaran ben porque non foran contabilizadas debido a malas prácticas contables ou ben porque non se dotaran nos presupostos para atender obrigas ineludibles como son as de servizo público.

Lembrei que en materia de estradas, fixemos un grande esforzo para poder aboar os máis de 660 millóns de euros en expropiacións pendentes, débeda que chocaba frontalmente cos dereitos, que o noso ordenamento xurídico recoñece aos expropiados. A esta situación chegouse fundamentalmente porque o Goberno anterior, ao ocupar os bens, non practicaba a necesaria retención de crédito para exercicios futuros polo importe estimado do prezo xusto.

En definitiva, demostramos con cifras que a ortodoxia presupostaria é o único camiño para recuperar a senda do investimento e o crecemento económico.

Afirmei que de herdar un grupo Fomento cun endebedamento insostible, o panorama cambiou por completo, ao inverter unha situación de perdas que en 2011 roldaban os 700 millóns de euros, e alcanzar un escenario que para este ano contempla beneficios superiores aos 200 millóns.

Engadín que hoxe, grazas ao saneamento efectuado, podemos mirar cara ao futuro sen a rémora dunha débeda paralizante que comprometía o papel do Ministerio de Fomento como dinamizador da economía. "Este ano 2015 imos dedicar o 55% dos recursos dispoñibles a investimentos (9.570 millóns de euros), incrementando o presuposto de investimento nun 6,6%."

Dixen tamén que grazas ao saneamento do Grupo Fomento, se volveu licitar investimento en enxeñaría civil, en concreto un 44% máis en 2014 que en 2013 e, como consecuencia diso, as adxudicacións comezan a remontar, crecemento que non se producía dende 2008. 

En definitiva, as políticas presupostarias de rigor, austeridade e eficiencia postas en marcha dende 2012 fixeron efecto e continuarán producíndoo.

Fixen unrápido repaso ao investimento do Ministerio de Fomento, en Portos e aeroportos e estradas.

Sobre o modo ferroviario, afirmei que "a nosa prioridade é consolidar un modelo capaz de vertebrar o territorio, garantir a mobilidade das persoas e dinamizar a economía".


Os datos de 2014 confirman que este medio de transporte cada vez é máis utilizado, con 468 millóns de viaxeiros, 2 millóns máis que o ano anterior (un 0,4% máis).


Na nosa rede as proximidades, movéronse un total de 408 millóns de viaxeiros no ano 2014.


Se no ano 2011, foron 18,4 millóns os viaxeiros que empregaron servizos de Alta Velocidade pura, en 2014 foron de 24,2 millóns: é dicir, 5,8 millóns máis de viaxeiros, un 31,4% máis.


A progresión en cifras é evidente e constátase, polo tanto, que as nosas magníficas infraestruturas ferroviarias están agora moito máis próximas ao cidadán; están moito máis ao seu alcance, especialmente dende que Renfe puxese en marcha a súa nova política tarifaria.

Destaquei neste sentido o esforzo que RENFE está a facer en termos de eficiencia e optimización; así como recoñecin o acerto da súa nova estratexia comercial e tarifaria, que axudaron a facer máis alcanzable a alta velocidade á maioría de cidadáns.


Falei do esforzo de Adif Alta Velocidad por completar a rede que se encontra en execución, co que nos próximos anos se espera duplicar o número de viaxeiros en alta velocidade. E que co resultado desa nova planificación imos poñer en servizo 1.000 novos quilómetros de rede no ano presente, abrindo máis de 25 novas relacións.

Falei tamén da importancia do sector da enxeñaría e consultoría é fundamental para alcanzar a calidade e a eficiencia no investimento en infraestruturas.

Dixen estar  dacordo  en que é esixible unha boa planificación e un bo proxecto. Dixen que afirmación dos enxelairos, de que non se pode garantir a eficiencia a prezo de saldo, tamén a comparto, pero iso sen descoñecer que o marco global da prestación de servizos no que nos movemos determina que o prezo sexa un criterio determinante.


Estou de acordo tamén en que é necesario un cambio de estratexia que necesita da colaboración entre Lexisladores, Administracións e Empresas.


Respecto ás Directivas de Contratación aprobadas polo Parlamento Europeo a principios de 2014, e que teñen un prazo de transposición de 24 meses dende a súa entrada en vigor, citei as principais novidades que contempla a Directiva as seguintes:

En primeiro lugar, a simplificación e axilización dos procedementos de licitación, co obxectivo de evitar cargas administrativas innecesarias establecendo medidas encamiñadas a reducir a burocracia e a documentación que han de achegar os empresarios nos procedementos de adxudicación e en segundo lugar, o uso estratéxico da contratación para o cumprimento de fins ambientais, sociais, laborais e de innovación.


Unha Directiva promove criterios de adxudicación distintos do económico, buscando unha maior calidade dos contratos públicos, do seu resultado final.
Neste sentido, é novidoso que se valore como criterio de adxudicación na Directiva a cualificación e experiencia do persoal encargado de executar o contrato. 


Aproveitei para falar de que o Consello de Ministros celebrado o pasado 21 de novembro de 2014 aprobou o Real Decreto para a homologación e equivalencia dos títulos estranxeiros e a correspondencia dos títulos universitarios pre Bolonia ao MEXES, que pecha o baleiro normativo existente en España sobre a correspondencia dos títulos oficiais de educación superior previos co Marco Español de Cualificaciones para a Educación Superior (MEXES).

Dixen que con esta norma dáse resposta á demanda dos nosos profesionais máis cualificados e con maior proxección internacional, como é o caso dos nosos enxeñeiros e enxeñeiros técnicos, para non perder oportunidades no mercado laboral internacional por un recoñecemento inadecuado da súa formación ante a indefinición da correspondencia dos seus estudos cos títulos dos sistemas actuais de educación superior.


Unha norma que contribuirá a mellorar a mobilidade dos egresados nas universidades españolas no mercado laboral internacional e establece para os que han de traballar en España con títulos estranxeiros os procedementos de homologación e equivalencia axeitados ao modelo de Bolonia vixente.


Infórmeilles que unha vez evacuado informe pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e da Acreditación, a Dirección Xeral de Política Universitaria o proceso encóntrase do seguinte modo: O luns 9 de marzo, publicouse no Boletín Oficial do Estado o inicio do período de información pública do proceso de correspondencia do título de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos ao nivel 3 do MEXES (máster).


O período de información pública é de 20 días hábiles. Vence o prazo para observacións o 4 de abril de 2015.


Rematei dicindo que polo tanto a Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos é a primeira titulación cuxa correspondencia a nivel MEXES sométese a información pública, xunto cos títulos de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, dos que tamén se abre o mesmo día o período de información pública.


Nun coloquio posterior rebatín as crtíticas - doutro dos ponentes-  aos procedementos de contratación das Administracións Públicas, por primar o criterio do prezo en detrimento do da oferta técnica.

Defendín que o procedemento previsto nos pregos de contratación nos que se prima máis a oferta económica, é un sistema xusto e obxectivo e que persegue incentivar a competencia e incrementar con iso o conseguinte aforro.

Recordei o enorme mérito dun Ministerio como o de Fomento que en épocas de recesión económica foi capaz de sanear as contas e ao tempo manter un elevado nivel de investimento público.

E inviteinos a considerar que os cidadáns, na súa posición de contribuíntes non esixen moito rigor no manexo dos fondos públicos e que iso é o prioritario para as Administracións.

Rematei apelando a colaboración leal entre lexisladores, administracions e empresas para mellorar o sector español da Enxeñaría.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta