viernes, 20 de marzo de 2015

"Todas as empresas construtoras do AVE a Galicia teñen uns compromisos nos seus contratos e todas as empresas teñen que cumprir cos seus compromisos"


«Todas as empresas construtoras da AVE a Galicia teñen uns compromisos nos seus contratos e todas as empresas teñen que cumprir cos seus compromisos. Estamos nun Estado de dereito e aquí que cada un aguante a súa vela e aquí a vela é que cada un cumpra coas súas obrigas», estas son as palabras da Ministra de Fomento Ana Pastor pronunciadas onte en Mos, que comparto totalmente.



En todas as obras de gran complexidade e envergadura xorden problemas e discrepancias entre as formulacións das construtoras e Adif en relación á necesidade de modificación dalgúns proxectos, o que comportaría un incremento de custos.

Adif está a analizar co máximo rigor as propostas das construtoras para determinar se as súas formulacións son adecuadas e correctas e para ver se existen solucións mellores técnicamente e máis baratas.

Adif está obrigado a vixiar escrupulosamente os custos, que repercuten nos contribuíntes, e a correcta execución das obras. A Administración non pode aceptar sobrecustes que non estean  xustificados por unha necesidade ineludible.

A realentización das obras nalgúns dos tramos do acceso da AVE a Galicia é unha circunstancia absolutamente normal e como dicía o pasado 11 de febreriro, o  presidente de ADIF na Subcomisión de Estudo e Análise do Sistema Ferroviario "sucédenos todas as veces en todas as obras porque temos que negociar determinados aspectos dos contratos, que ás veces non están claros ou que ás veces simplemente existe discrepancia entre as diferentes partes"

Estou convencido de que as conversas que se manteñen entre ADIF e as empresas resolverán as diferenzas no curto prazo e dun xeito satisfatorio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta