martes, 24 de marzo de 2015

Traxedia aérea nos Alpes franceses

Esta mañá debatemos na Comisión de Fomento do Congreso unha sesión na que debatemos un total de dez proposicións non de lei.

No transcurso recibimos a noticia de que o avión, Airbus A320, pertencente á compañía Germanwings, unha filial da aeroliña alemá Lufthansa, se accidentou sobre os Alpes franceses.

 Unha aeronave que despegara do aeroporto de Barcelona sobre as dez da mañá con destino a Dusseldorf, no quie ian 142 pasaxeiros e 6 tripulantes.

Ao finalizar a Comisión di unha quenda de palabra a todos os voceiros e recollendo o seu sentir expresei en nome da Comisión de Fomento noso pesar polo citado accidente de avión, ao tempo que a solidariedade coas familias das vítimas, entre as que parece haber 45 apelidos españois.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta