Recibimos
esta mañá no Congreso a visita da Comisaria de Transportes da UE, Violeta Bulc, que compareceu en sesión
conxunta da Comisión Mixta para a Unión Europea e a de Fomento.
Estas foron as palabras que como presidente pronunciei para darlle a benvida:
"É unha honra para a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados,
recibila e coñecer da máxima responsable da Comisaría de Transportes, o
programa e as liñas de traballo da Comisión Europea nesa materia.
Na Comisión de Fomento desta Cámara estamos moi pendentes da política
comunitaria de transporte que se centrou na eliminación dos obstáculos nas
fronteiras entre os Estados membros e, deste modo, contribuíu á libre
circulación de persoas e bens.
Dedicamos moita atención a temas como as Redes transeuropeas de transporte e o
financiamento das infraestruturas, o Ceo Único Europeo, o 4º paquete
ferroviario, o mercado do transporte de carga por estrada, a
interoperabilidade, tanto en infraestruturas coma en prestación de servizos, os
dereitos dos pasaxeiros, etc
Por suposto tendo en conta
a dimensión marítima de España, interesámonos pola intermodalidade
marítimo-ferroviaria, e todas as cuestións relacionadas coa loxística e a
continuidade ás infraestruturas nos tramos transfronteirizos.
Conclúo, desexándolle moito éxito na súa xestión á fronte da Comisaría de Transportes. "
Conclúo, desexándolle moito éxito na súa xestión á fronte da Comisaría de Transportes. "
A continuación a Sr.a Bulc
expuxo as liñas mestras da súa área de actividade, sinalando tres motores, a
dixitalización, a electrificación e a internacionalización.
Falou de todos os modos de transporte: ferroviario, por estrada, marítimo e aéreo.
Falou de todos os modos de transporte: ferroviario, por estrada, marítimo e aéreo.
Explicou o marco financeiro de apoio da Unión Europea e de aspectos sociais importantes asociados ao transporte, ademais de referirse á seguridade viaria.
Logo foi a quenda de preguntas dos diferentes voceiros dos Grupos Parlamentarios.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta