domingo, 5 de abril de 2015

A vindeira semana de actividade parlamentaria


A próxima semana non temos convocado Pleno do Congreso, o que non significa ausencia de actividade parlamentaria en Madrid.


O mércores 8 participarei nun encontro de integrantes da Comisión de Economía e Competitividade co Presidente da Cámara de Comercio de España.

E están tamén previstas reunións de dúas Comisións:

A Comisión de Facenda e Administracións Públicas debaterá o xoves, 9 de abril, o Proxecto de reforma das leis orgánicas de financiamento das comunidades autónomas e de estabilidade presupostaria e sostibilidade financeira.

E o secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos, comparecerá ese mesmo día 9 de abril na Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo para presentar o Informe sobre a Evolución, actuacións do ano 2014 e situación a 31 de decembro de 2014 do Fondo de Reserva da Seguridade Social.

Ademais, o martes asistirei á Xunta Directiva Nacional do Partido Popular que abordará asuntos de interese nas proximidades da decisiva cita da eleccións autonómicas e municipais de maio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta