O Boletín Oficial do Estado
publica hoxe unha Orde do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas pola
que se fixan os Índices de Rendemento Neto na declaración do IRPF para estimación
obxectiva (módulos), que recollen as propostas do Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio de redución da presión fiscal para agricultores e
gandeiros.
O réxime de estimación obxectiva agraria, ou de módulos do IRPF é o maioritario entre os
agricultores e gandeiros do noso país, e é o elixido por máis dun millón de
declarantes. As reducións de módulos aprobadas na Orde tradúcense nunha
diminución proporcional da base impoñible derivada dos rendementos da
actividade agraria, e polo tanto, do resultado da declaración do IRPF.
As reducións establecidas con carácter nacional para a declaración da Renda
2014 dos agricultores e gandeiros, son as seguintes: Produtos hortícolas (de
0,26 a 0,19) ,Froitos non cítricos (de 0,37 a 0,27), Froitos cítricos (de 0,26 a
0,19), Flores e plantas ornamentais (de 0,32 a 0,16), Pataca (de 0,37 a 0,19),
Bovino de leite (de 0,32 a 0,26), Servizos de cría, garda e engorde de gando,
agás aves (de 0,56 a 0,49), Servizos de cría, garda e engorde de aves (de 0,42
a 0,37)
En todos
estes produtos producíronse durante 2014 circunstancias excepcionais,
fundamentalmente de mercado, que modificaron a normal relación entre ingresos e
custos que reflicten os seus índices estruturais.
É moi destacable o que a Orde establece, na súa Disposición adicional primeira,
unha redución dun 5% do rendemento neto calculado polo método de estimación
obxectiva para 2014. Trátase dunha medida extraordinaria de carácter horizontal
que afecta á totalidade dos agricultores e gandeiros que tributen en estimación
obxectiva, cuxo efecto é, polo tanto, maior que calquera redución de módulos
específicos.
Estas reducións de módulos aprobadas na Orde tradúcense nunha diminución
proporcional da base impoñible derivada dos rendementos da actividade agraria
no caso de Ourense
de 1,78 millóns de euros e no caso de Galicia de 23,83 millóns de euros e que
polo tanto continuarán no peto dos agricultores e gandeiros.
Celebro esta decisión do Goberno de Mariano Rajoy de levar a cabo unha rebaixa
fiscal nos módulos ao sector primario, fronte a outros partidos, como Cidadáns
e o PSOE, que
pretenden eliminar este sistema.