Asisto hoxe, na miña condición de presidente da Comisión de Fomento, na Basílica da Sagrada Familia ao funeral institucional en memoria das vítimas na traxedia acontecida o pasado 24 de marzo, que se cobrou a vida das 150 persoas que viaxaban no avión da compañía Germanwings que cubría a ruta Barcelona-Düsseldorf.
Un acto presidido polas Suas Maxestades os Reis, Don Felipe e Dona Letizia, que foron recibidos polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Más, o alcalde de Barcelona, Xavier Trias, e o cardeal arcebispo de Barcelona, Lluís Martínez Sistach.
A cerimonia relixiosa, que foi presidida polo cardeal e contou coa participación de representantes das comunidades evanxélica, xudía e musulmá.
Unha vez finalizado o oficio relixioso, os Reis achegáronse aos familiares das vítimas falecidas na traxedia aérea para expresarlles persoalmente as súas condolencias e ofrecerlles o seu consolo e afecto. Así mesmo, Don Felipe e Dona Letizia tiveron oportunidade de agradecer a súa axuda aos representantes dos servizos de emerxencia franceses que participaron nos labores de rescate.
Unha enorme tristura ver estas familias tan doídas pola perda dos seus seres queridos en tráxicas circunstancias.
Unha enorme tristura ver estas familias tan doídas pola perda dos seus seres queridos en tráxicas circunstancias.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta