En cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), ábrese un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.
Con tal motivo, a documentación de expropiacións do mencionado proxecto pode ser examinada, en días e horas hábiles de oficina na Subdelegación do Goberno en Ourense, na Dirección de Planificación e
Proxectos e nos Concellos de Ourense, Taboadela
e San Cibrao Das Viñas
Celebro moito esta ansiada noticia que impulsa aínda máis a nosa variante exterior no último tramo pendente do acceso en alta velocidade a Galicia.
Celebro moito esta ansiada noticia que impulsa aínda máis a nosa variante exterior no último tramo pendente do acceso en alta velocidade a Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta