Hoxe o Boletín Oficial de Estado publica o Anuncio do ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a información pública, para os efectos de expropiacións, o Proxecto de Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Seixalbo-Túnel de Montealegre.
Así coñecemos que en cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, de 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), se abre un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.
E infórmase que con tal
motivo, a documentación de expropiacións do mencionado proxecto pode ser
examinada, en días e horas hábiles de oficina na Subdelegación do Goberno en Ourense, na
Dirección de Planificación e Proxectos do Ministerio de Fomento e nos Concellos de Ourense, Taboadela e San Cibrao dás Viñas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta