Participo esta mañá no multitudinario acto celebrado
no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova para asistir ao acto de presentación
da candidatura de Manuel Baltar á Presidencia da Deputación de Ourense.
Comezou coa benvida a cargo do alcalde de Celanova,
José Luis Ferro, logo foi o turno da voceira do PPOU, Cristina Romero, logo o secretario
de Organización do PPOU, Pablo Pérez, seguido do vicesecretario xeral do PPOU,
Jorge Pumar.
A penúltima intervención foi do secretario xeral do
PPOU Rosendo Fernández, que recalcou que “Manuel Baltar será o próximo
alcalde dos alcaldes. A mellor persoa e o mellor politico para colaborar e
coordinar a todos os alcaldes”
Pechou o acto Manuel Baltar que reafirmou a súa paixón por Ourense: "Unha
terra traballadora, creativa e emigrante". Precisamente, quixo facer unha
lembranza aos ourensáns emigrantes.
Agradeceu ao Comité Electoral do
PPOU a súa designación como candidato á Presidencia da Deputación. "Non
hai ningunha dúbida de que o día 24 de maio haberá un novo triunfo contundente.
A única dúbida que existe é a de quén é o candidato a presidir a Deputación
polo PSOE ou polo BNG. Nin eles o saben".
No tocante ao seu programa de goberno “Ourense 15-19”, recalcou a importancia
do Territorio e da Cooperación. "Creo na Deputación como elemento
transformador da provincia, nun conxunto de persoas que pensan en clave de
Ourense. Temos equipo e temos programa: 77 medidas (dispoñibles na páxina web
do PPOU) que serán unha realidade"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta