ESPAÑA:
A ocupación
descende en 114.300 persoas no primeiro trimestre respecto ao cuarto trimestre do ano
anterior, ata un total de 17.454.800.
A variación
trimestral do emprego é do 0,43% en termos desestacionalizados.
O
emprego creceu en 504.200 persoas nos 12 últimos meses. A variación anual
é do 2,97 %.
A ocupación
baixa este trimestre en 143.500 persoas no emprego privado e sobe 29.200 no público.
Nos 12 últimos meses aumentou en 468.000 persoas no sector privado e en 36.200
no público.
O total de
asalariados con contrato indefinido aumenta en 25.300 este trimestre, mentres
que o de asalariados con contrato temporal baixa en 114.500. No último ano o
emprego indefinido incrementouse en 289.700 persoas e o temporal en 174.800.
O número de traballadores por conta propia diminúe en 23.000 este trimestre e
aumenta en 40.700 nos últimos doce meses.
A ocupación aumenta
neste trimestre na Industria (2.300) e na Construción
(30.300) e descendeu nos Servizos (135.400), e na Agricultura (11.500 menos).
Por
comunidades autónomas, os maiores aumentos de ocupados danse en Canarias (12.800)
e Andalucía (1.900). Os maiores descensos danse en Cataluña (24.800), Illes
Balears (22.700) e Comunitat Valenciana (19.000).
No último ano case todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Os aumentos máis acusados obsérvanse en Comunidade de Madrid (150.500 máis), Comunitat Valenciana (83.700) e Andalucía (71.100).
O número de parados baixa este trimestre en 13.100 persoas respecto ao cuatro trimestre (variación do -0,24 %) e sitúase en 5.444.600. A variación trimestral do desemprego é do -2,51 % en termos desestacionalizados.
Nos 12 últimos meses o paro reduciuse en 488.700 persoas.
A taxa de paro é do 23,78 %, sete centésimas superior á do trimestre anterior.
No último ano a taxa de paro descendeu máis de 2,15 puntos.
O número de activos baixa este trimestre en 127.400 ata 22.899.400. A taxa
de actividade baixa 0,32 puntos ata o 59,45 %. No último ano a poboación aumentou en 15.500 persoas.
GALICIA:
No primeiro trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou
máis anos situouse en 2.361.600 persoas, das cales 1.263.200 clasifícanse como
activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre
anterior, o número de activos diminúe en 1.100 persoas e a taxa de actividade
mantense no mesmo valor.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2014, o número de activos
diminúe en 16.600 persoas e a taxa de actividade faino en catro décimas.
Por sexo, a taxa de actividade masculina sobe dúas décimas
con respecto ao cuarto trimestre de 2014 e sitúase no 58,8%. A taxa de
actividade feminina diminúe unha décima e acada o 48,6%.
A ocupación diminúe en 12.900 persoas no primeiro trimestre
de 2015 respecto á cifra do trimestre anterior, e sitúase en 978.500 ocupados.
A taxa de ocupación baixa 5 décimas neste trimestre ata o 41,8%.
Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en
4.700 persoas, o que supón unha suba do 0,5% en termos relativos.
Por sexo, neste trimestre cae tanto a ocupación masculina
como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 3.400 persoas respecto
ao cuarto trimestre do ano 2014 e a ocupación das mulleres en 9.500 persoas. En
termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación
masculina de dúas decimas e sete décimas na feminina.
Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2014, o número de
homes ocupados aumenta en 10.400 persoas (un 2%), mentres que o de mulleres
ocupadas cae un 1,2%.
Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a
CNAE 2009), o número de ocupados na construción aumenta en 3.100 persoas no
trimestre e sitúase en 70.700 persoas. A agricultura e pesca perde 200 empregos
con respecto ao trimestre anterior, a industria 2.400 e os servizos 13.400.
Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014, o número de
ocupados aumenta en todos os sectores de actividade agás na agricultura e
pesca. O sector primario experimenta unha caída do 6,5%. A ocupación na
industria medra un 1,7%, na construción un 8,3% e no sector servizos un 0,2%.
En Galicia había 774.000 asalariados no primeiro trimestre
de 2015, 591.500 con contrato indefinido e os 182.500 restantes con contrato
temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.900 asalariados
menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución do 0,8%. O número de
asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 7.100 persoas (o que
supón, en termos relativos, unha caída do 3,7% con respecto ao cuarto trimestre
de 2014). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato
indefinido diminuíron un 1,6% mentras que os asalariados con contrato temporal
medraron un 11,9%.
A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de
asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, cae 5 décimas
neste trimestre, ata situarse no 23,6%.
Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2014, o número de
parados baixa en 21.200 persoas (un 7,1%) e a taxa de paro 1,4 puntos.
Salientar que esta enquisa reflicte a maior baixada interanual do paro en Galicia desde 2008.
A outra forma de medir o paro, o paro rexistrado, reflicte que o desemprego descendeu en máis de 29.000 persoas no último exercicio.
Entre a EPA e o paro rexistrado temos unha visión: que baixa o paro, que soben as afiliacións á Seguridade Social e que seguimos, a pesar de que o crecemento económico en Galicia foi inferior á media, cun diferencial de máis de dous puntos menos de paro con respecto ao conxunto de España.
Salientar que esta enquisa reflicte a maior baixada interanual do paro en Galicia desde 2008.
A outra forma de medir o paro, o paro rexistrado, reflicte que o desemprego descendeu en máis de 29.000 persoas no último exercicio.
Entre a EPA e o paro rexistrado temos unha visión: que baixa o paro, que soben as afiliacións á Seguridade Social e que seguimos, a pesar de que o crecemento económico en Galicia foi inferior á media, cun diferencial de máis de dous puntos menos de paro con respecto ao conxunto de España.
OURENSE:
No primeiro trimestre de 2015 a poboación ourensá de 16 ou máis anos situouse en 280.000 persoas, das cales 136.600 clasifícanse como activas. Outros datos dan enquisa son:
- Ocupados: 104.600.
No último trimestre de 2014 eran 107.400,
o que representa unha baixada de 2.800 persoas. A Variación interanual é
positiva en 900 persoas, pois no primeiro trimestre de 2014 foron 103.700 os
ocupados.
- Parados: 32.000. No último
trimestre de 2014 eran 27.800 o que
representa un aumento de 4.200 persoas. A Variación interanual é negativa en
2.600 persoas, pois no primeiro trimestre de 2014 foron 29.400 os parados.
- Taxa de Actividade:
48,80 %. Medrou en 1,80 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2014.
- Taxa de Paro: 23,40 %. Medrou en 1,30 puntos con
respecto ao primeiro trimestre de 2014.
- Taxa de Ocupación:
37,40 %. Medrou en 0,70 puntos con respecto ao primeiro
trimestre de 2014.
Fontes: INE e IGE
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta